Padrón presentará alegacións ao proxecto de Altri en Palas de Rei
O goberno local solicita á Xunta que “denegue a autorización ambiental integrada, o estudo de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública e a implantación da industria de fibra téxtil” O alcalde, Anxo Arca, asevera que “o macroproxecto de Altri tal e como está plantexado constitúe un atentado contra o patrimonio natural de Padrón e de Galicia” “Continuaremos a defender o patrimonio natural e a saúde da cidadanía pese a quen lle pese”, subliña o rexedor Padrón. […]