Santiago constitúe a Comisión Especial para crear unha empresa municipal de vivenda
26/04/2024 O Pazo de Raxoi acolleu esta maña a sesión constitutiva da Comisión especial que traballará na posta en marcha dunha empresa municipal no ámbito da vivenda. Esta sociedade mercantil, que contará con capital integramente municipal, pretende contribuír á mellora das condicións de acceso á vivenda e á rehabilitación e recuperación do patrimonio inmobiliario compostelán. A Comisión especial, reunida hoxe por primeira vez, estivo presidida pola alcaldesa e contou coa participación de representantes dos grupos municipais Iago Lestegás (BNG), María Rozas […]