AD

Mes: mayo 2024

276 Resultados / Página 23 de 31

Fondo
AD

Actualidad

Medrar en poboación e en empresas, os retos do novo goberno de Rianxo

Este mércores participaba en Radio Líder Santiago o alcalde do Concello de Rianxo, Julián Bustelo, para abordar distintos asuntos da actualidade municipal, con Álvaro Veiga, cando está a piques de cumprirse o seu primeiro ano de goberno. Bustelo chegaba a coller o bastón de mando tras ser o candidato de Rianxo en Común, a forza máis votada nas pasadas eleccións conseguindo 5 concelleiros, o mesmo número de edís que o PSOE e o PP, xunto aos dous logrados polo BNG. […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Estas son as novidades formativas na Escola Mestre Mateo de Santiago

Ofértanse 15 prazas e o alumnado beneficiario compaxinará a súa formación académica nesta Escola de Arte e Superior de Deseño coa práctica en distintas firmas de xoiería e ourivería colaboradoras a partir do 3º curso A Xunta de Galicia vai reforzar, de cara ao vindeiro curso, a oferta académica formativa na Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Mestre Mateo de Santiago, coa incorporación dunha nova promoción de alumnado da modalidade dual para o itinerario Xoiaría e Complementos da […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

O PP de Santiago denuncia o “tapiado” das fincas na rúa Ponte Romaño

“Os veciños se preguntan como cre o Concello que poderán facer as limpezas das fincas, tal como xa lles están esixindo, se non teñen por onde entrar ás mesmas”, subliñou o popular. De la Fuente recalca que “esta situación ven a confirmar a ineptitude na xestión e as actitudes intransixentes e pouco dialogantes do BNG”. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, visitou a rúa da Ponte do Romaño co fin de atender as queixas […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

VIII Trofeo de Ciclismo Concello do Pino, este sábado 12 de maio

O Concello de O Pino acollerá o próximo sábado, 12 de maio, a sexta edición do desafío ciclista Trofeo de Ciclismo de Santiago. A competición é organizada polo Club Ciclista de Santiago e está destinada a categorías Máster 30, 40, 50 e 60, cun total de 69,2 quilómetros de percorrido. A proba, que forma parte da Challenge, xunto coa primeira cita en Ordes, contará tamén cunha clasificación independente. A saída está programada para as 10:45 horas.

today8 mayo, 2024

Actualidad

Comezan as Festas da Ascención co concerto da Panorama e ‘Los 40 Santiago Pop’

Imaxe: David Otero (arquivo) 08/05/2024 As festas compostelás por excelencia arrancarán hoxe co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00 h, figuras do panorama musical actual como David Otero, Bombai ou Lontreira. Seguirá a troula coa orquesta Panorama que ofrecerá o seu espectáculo a partir das 22:30 horas na praza do Obradoiro. Fillas de Cassandra e Billie Marten son outras das actuacións destacadas das Festas deste ano, así como a celebración […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

O auditorio do Milladoiro acolleu os Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas

Ames, 8 de maio de 2024.- A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu onte a segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas. O evento foi organizado por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas en colaboración co Concello de Ames e e coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Con esta actividade, a entidade brindou recoñecemento sectorial a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellados ás artes escénicas de […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Rematan con éxito as actividades de Educación Viaria da Policía Local de Santiago

08/05/2024 Máis de 500 rapaces e rapazas dos centros escolares de Santiago participaron na VI Gala pola Seguridade Viaria coa que a Policía Local pecha as actividades de Educación Viaria dirixidas ao alumnado de 4º de Primaria. No transcurso da festa fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado ao abeiro do programa. A VI Gala pola Seguridade Viaria xuntou no Auditorio a boa parte do alumnado que ao longo do curso participou no programa, que ten como obxectivo fomentar […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Todo o que debes saber para participar no primeiro concurso ‘Baila con Ames’

Trátase dunha nova iniciativa que se suma ao concurso Canta con Ames que este verán celebrará xa a súa cuarta edición. Para inscribirse no Baila con Ames hai que presentar no rexistro municipal os impresos de inscrición. Tamén hai que enviar un vídeo casting ao enderezo de correo electrónico amesnarua@gmail.com. O prazo de inscrición estará aberto dende o día seguinte da publicación das bases do concurso no BOP e ata o 10 de xuño Establécense dúas categorías: individual ou parellas; […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

A Baña celebra o ‘Mes das Letras’ cunha homenaxe á exprofesora María Jesús Álvarez Ramos

O xoves celebrarase unha xornada de convivencia para o CPI A Baña en Agra de Chans coa actuación de Luis Vallecillo O venres 17, Día das Letras Galegas, homenaxearase á exprofesora María Jesús Álvarez Ramos na casa da cultura A carballeira de Seilán acolle o domingo 19 a Festa da Re-Volta A Baña. 8-05-2024.- No marco da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello da Baña pon en marcha o Mes das Letras, un programa de actividades dirixido a […]

today8 mayo, 2024

AD
0%