AD

Actualidad

A Asociación Hostalaría Compostela acolle o proceso de preselección de Santiago(é)tapas

today17 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Nesta edición, a primeira que se celebra en febreiro, participarán 41 locais, tres máis que na última edición de novembro de 2022. A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, asistiu esta mañá ao proceso de preselección de Santiago(é)tapas na sede da Asociación Hostalaría Compostela.

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, acompañada da presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, e de representantes de empresas e entidades patrocinadoras de Santiago(é)tapas, como Pedro López, Trade Marketing Horeca Hijos de Rivera, e Guillermo Fernández, delegado comercial de Hijos de Rivera; Bruno Hermida, promotor de vendas de Café Dromedario, e Miguel Sandá e Simón Quintela, xefe de zona e xerente de Cash Record Santiago, visitou esta mañá na sede da Asociación o proceso de preselección das tapas da vindeira edición do concurso, que terá lugar do 15 de febreiro ao 3 de marzo. Os participantes na visita puideron ver a proposta de Cacao, un dos locais de hostalería que se estrean nesta edición de Santiago(é)Tapas.

Nesta edición, dende Turismo de Santiago tomouse a decisión de trasladar o concurso do mes de novembro ao mes de febreiro a petición da Asociación Hostalaría Compostela, debido a que o mes de novembro tense xa consolidado como un mes con moita actividade para o sector.

Segundo destacou Míriam Louzao, «nesta edición contamos con 41 locais participantes, tres máis que os que houbo na pasada edición de novembro do 2022. Este aumento de participación amosa que o cambio para febreiro foi unha decisión que permitirá darlle un novo pulo ao concurso e fomentar a desestacionalización neste mes de tempada baixa».

A xerente de Turismo de Santiago apuntou que «dende a entidade municipal estamos facendo un esforzo moi importante para adaptarnos á petición da Asociación Hostalaría Compostela de cambiar de datas o concurso, pero confiamos que o cambio teña uns resultados positivos para o sector».

Pola súa banda, Sara Santos, presidenta da Asociación Hostalería Compostela, agradeceu o apoio dos patrocinadores e mostrouse moi satisfeita por «volver atopar a moitos dos xa habituais do concurso, xunto a outros novos que se presentan este ano por primeira vez para demostrar a calidade da oferta hostaleira da cidade».

Os patrocinadores, pola súa banda, coincidiron en destacar o valor da iniciativa que une as súas marcas á hostalería e mostráronse entusiasmados con esta nova edición que demostra «a consolidación e a evolución» do concurso.

Entre as novidades desta edición atópanse varios cursos de formación e sorteos de agasallos para os locais participantes no concurso. Así, o primeiro obradoiro, que se celebrará os días 29 e 30 de xaneiro, será un Curso de Iniciación Barista a cargo de Karen Quiroga, formadora de Café Dromedario, para o que xa está aberta a inscrición ata o 25 deste mes. O curso desenvolverase en quendas de dúas horas, entre as 09.30 e as 11.30 horas, e de 16.00 a 20.15 horas, estando limitado a 10 persoas por quenda, debendo formalizar as súas inscricións a través da web.

Tamén haberá en febreiro un curso sobre a evolución de cervexa e tiraxe perfecta a cargo de Carlos Ávila, técnico de Cultura de Cervexa en Hijos de Rivera, e outro sobre viños Ponte da Boga a cargo de persoal da devandita adega. Ademais, entre todos os locais inscritos, sortearase unha entrada dobre para visitar o Museo MEGA e unha noite para dúas persoas nun aloxamento de Alda Hotels.

Toda a información está dispoñible na web santiagoetapas.gal.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%