Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 mayo, 2024
A Baña. 16-5-2024.- O Concello da Baña vai recorrer a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de desestimar a suspensión cautelar do parque eólico de Vilartoxo que a empresa Green Capital Power S.L. planifica construír nos municipios da Baña e Val do Dubra.
Aínda que rexeita a petición do Concello de suspender cautelarmente a tramitación deste parque eólico, o TSXG continúa analizando o contencioso-administrativo que presentou o Concello contra a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación de concederlle á sociedade Green Capital Power S.L. ás autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico de Vilartoxo.
A Baña xustificara a súa petición de suspender cautelarmente a tramitación deste parque eólico no dano que lle pode causar aos núcleos de poboación próximos, así como a saúde da veciñanza e do gando. Ademais, incide nas molestas acústicas e no risco de perda de hábitats naturais, sobre todo para as aves. O TSXG rexeitou esta argumentación.
O parque eólico de Vilartoxo estará formado por seis aeroxeneradores, algún dos cales dista menos de medio quilómetro de tres núcleos de poboación con 81 veciños e menos de dous quilómetros doutros nos que reside un milleiro de persoas. O Concello teme tamén que afecte a máis de medio cento de mananciais e chama a atención sobre o que considera unha fragmentación fraudulenta de proxectos, o que lle permitirá a Gran Capital Power sacar adiante un gran parque presentándoo como se fosen varios pequenos.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)