AD

Actualidad

A IV Xuntanza de Maiores de Lousame reúne a máis de 250 participantes

today18 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

18 de maio de 2024.- Algo máis de 250 veciños e veciñas, maiores de sesenta anos, déronse cita na IV Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame, que tivo lugar este venres no restaurante O Trapeiro. Un encontro que estivo presidido pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo; o concelleiro de Economía, Esteban Ares, e o párroco de Noia, José Ortoño.

Villaverde Pais agradeceu a presenza de todos os maiores nun evento que busca “favorecer a comunicación entre os veciños e veciñas, especialmente aqueles con dificultades de mobilidade. Temos un concello moi disperso e hai xente de Camboño que non ve nunca aos de Fruíme e esta é a forma de que teñan un día de convivencia”. Así mesmo, agradeceu a visita da conselleira, quen non puido quedar ao xantar.

Fabiola García destacou que este tipo de celebracións son “un momento para que os veciños e veciñas de todas as parroquias se xunten, desfruten, charlen, compartan experiencias e despois bailen”. Así mesmo, trasladou aos presentes un saúdo do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o seu compromiso “de poñer en marcha máis medidas destinadas a todas as persoas maiores, tamén neste concello de Lousame. Seguir apostando por uns servizos de calidade para todas as persoas dependentes e tamén darlle máis facilidades a todas as persoas que, cando chegan á xubilación, están fortes, sans e con gañas de facer actividades e de viaxar. Seguro que moitos tendes ese Carné +65 que ten ese transporte gratuíto para maiores de 65 anos e que seguiremos enchendo de contido con programas de balnearios, con programas de viaxes en Galicia, en España e en Europa e para aqueles que tendes familia na emigración, para que poidades ir a velos máis aló do charco”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%