Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 febrero, 2026
Arzúa, 25 de febreiro de 2026.– A queixería Barral acolleu, coincidindo coa renovación das súas instalacións, a presentación da nova guía gastronómica da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, unha publicación que nace co obxectivo de amosar un auténtico Camiño de sabores.
No acto participaron os alcaldes e representantes dos concellos integrantes da Mancomunidade, que estiveron acompañados polo director da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa Montenegro.
Baixo o título “Saborea o Camiño Francés”, a guía pretende afastarse do formato tradicional das publicacións gastronómicas. Así o destacou a presidenta da Mancomunidade, Begoña Balado Conde: “Pode que non teñamos chefs estrela Michelin ou restaurantes de cinco tenedores, pero o que si temos é produto, moi bo produto. Produto propio, diferenciado e en ocasións único; en definitiva, produto que hai que probar, saborear e deixarse sorprender por el”.
A publicación estrutúrase en catro apartados comúns aos once concellos participantes:
Un produto que conta a súa historia, destacando a tradición e a identidade local.
Un apartado con máis sabores do concello, ampliando a oferta gastronómica de cada territorio.
Unha receita representativa, escollida entre as moitas posibles.
Unha “gastroaxenda”, con feiras e eventos gastronómicos de cada municipio.
A guía estará accesible para todo o público en galego, castelán e inglés a través da páxina web: https://issuu.com/caminofrances.
Con esta iniciativa, a Mancomunidade reforza a aposta pola promoción do produto local como elemento diferenciador do Camiño Francés, ofrecendo aos peregrinos e visitantes unha experiencia que vai máis alá do percorrido histórico e cultural: unha viaxe polos sabores de Galicia.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)