AD

Actualidad

«A manifestación contra Altri foi a máis importante da historia do rural en Galicia»

today27 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

O pasado domingo 26 de maio, tivo lugar unha manifestación histórica no concello lucense de Palas de Rei, organizada por diversas plataformas veciñais e ecoloxistas. Xosé Gontá, portavoz do colectivo A Ulla Viva, describiu a manifestación como «a máis importante celebrada no rural galego en toda a historia». Segundo os organizadores a cifra de participantes foi dunhas 20.000 persoas, mentres algúns medios, citando a outras fontes, contaron 4.000. Gontá asegura que debido as colas de coches, houbo persoas que chegaron ata o punto da concentración hora e media despois do seu comezo. Unha alta participación que subliña a crecente oposición á instalación da planta de celulosa da firma portuguesa Altri na comarca lucense da Ulloa.

Os convocantes do proxecto, que inclúe a organizacións como a ‘Plataforma por unha Ulloa Viva’ e a ‘Plataforma pola Defensa da Ría’, manifestan a súa preocupación polos graves efectos ambientais que a planta podería causar no ecosistema local. Entre os impactos máis destacados atópase a extracción de 46 millóns de litros de auga diarios do río Ulla, así como os vertidos que devolverían 30 millóns de litros a unha temperatura de 27ºC con residuos contaminantes, aínda que a empresa asegura que a auga sería devolta en mellores condicións, pero se é así, «por qué non a volven a utilizar eles», preguntase Gonzá.

Aínda que Altri defende o seu proxecto alegando que xerará 500 empregos directos e outros 2.000 indirectos, os opositores argumentan que o proxecto afectará negativamente ás actividades endóxenas da comarca, como a agricultura e a gandería.

O representante de A Ulla Viva, veciño de A Golada, asegura que as molestias tamén se están a percibir nas reunións sobre as futuras expropiacións que serían inevitables para levar a cabo o proxecto. Asegura que dito concello ten un 60 % de votantes do PP, e eles tamén estanse poñendo en contra deste proxecto, e maís, Gonzá asegura que entre os milleiros de manifestantes onte en Palas de Rei «había votantes e afiliados do PP». Tamén votou en falta a figura do líder dos socialistas de Galicia Jose Ramón Gómez Besteiro, o cal, afirma, non acaba de ter unha posición clara sobre a implantación de Altri no cerne de Galicia, cousa que si fixeron as Xuventudes Socialialistas, presentes na protesta.

Segundo resaltan varias asociacións, a planta de Altri producirá benzopirenos canceríxenos como resultado da queima de madeira e masa forestal, e emitirá á atmosfera, a través dunha cheminea de 75 metros de altura, xofre, óxidos de xofre, monóxido de carbono e óxido de nitróxeno, ademais de cinzas e outras partículas tóxicas. Nunha zona situada a menos dun quilómetro do Camiño Francés de Santiago. Unha ruta, polo que cada ano transitan máis de 2,5 millóns de peregrinos, e que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1993. Segundo recentes declaracións de Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa, podería perder esa catalogación debido ao impacto ambiental e paisaxístico do proxecto.

Paula Prado: «Se Altri cumpre con toda a normativa medioambiental, o proxecto sairá adiante»

Ante esta situación, os detractores do proxecto están a barallar unha nova protesta para o 30 de xuño en Santiago de Compostela, coa intención de levar a súa mensaxe á capital galega e atraer aínda máis atención sobre a súa causa.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%