AD

altri

25 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Actualidad

Os alcaldes nacionalistas de Arzúa, Santiso e Melide rexeitan o proxecto de ALTRI

Os tres rexedores reiteran a súa firme oposición a este proxecto, que comprometería o futuro dos seus concellos cun proxecto industrial que cualificaron de “depredador e insustentable”. Solicitan unha reunión de urxencia ao Presidente da Xunta de Galiza, facéndose eco do “clamor social” contra Altri Arzúa, 14 de xaneiro de 2025.- Os alcaldes dos concellos de Arzúa, Santiso e Melide, Xoán Xesús Carril (BNG), Manolo Adán (BNG) e Xosé Manuel Pérez (Adiante Melide), respectivamente, asinaron hoxe unha carta conxunta dirixida […]

today14 enero, 2025

Actualidad

A resistencia do rural galego fai historia en Santiago ao berro de «ALTRI NON»

  Santiago de Compostela viviu o pasado domingo 15 de decembro unha das maiores manifestacións na súa historia recente. Unhas 100.000 persoas congregáronse no Obradoiro e nas rúas da cidade para expresar o seu rexeitamento á instalación dunha planta de celulosa que a empresa Altri pretende construír en Palas de Rei, no corazón da comarca da Ulloa. Convocada pola plataforma veciñal Ulloa Viva, a mobilización marcou un fito na loita social e ambiental en Galicia. “Foi unha cousa excepcional”, declarou […]

today16 diciembre, 2024

Comarca

Arzúa Viva ofrece un bus para asistir á protesta contra Altri en Santiago

Arzúa Viva, en colaboración co Concello de Arzúa, pon a disposición da veciñanza un autobús para acudir á manifestación contra Altri que terá lugar o vindeiro domingo 15 de decembro en Santiago de Compostela. Con esta medida, desde o colectivo Arzúa Viva, membro da Plataforma Ulloa Viva, queren animar ao conxunto da veciñanza de Arzúa a participación da manifestación pola defensa do territorio que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela baixo o lema “A Xunta non pode calar a […]

today10 diciembre, 2024

Actualidad

Convocada en Santiago unha nova manifestación en contra de Altri

Convocan unha manifestación en Compostela contra o proxecto de Altri polo impacto no río Ulla e o sector mar-industria. As plataformas Ulloa Viva e En Defensa da Ría de Arousa (PDRA) convocaron unha manifestación para o vindeiro 15 de decembro en Santiago de Compostela, en oposición ao proxecto de Altri, que pretende captar diariamente do río Ulla máis auga da que consome toda a provincia de Lugo. Esta auga sería devolta tratada con produtos químicos, xerando preocupacións polo seu impacto […]

today1 diciembre, 2024

Actualidad

Europa continúa dando luz verde ao proxecto de Altri en Palas de Rei

Francisco Millán Mon defende a tramitación garantista do proxecto: “Hai que deixar traballar aos técnicos e aos expertos, que están a levar a cabo a súa tarefa de análise e avaliación con todo rigor” Adrián Vázquez: “En Europa teñen claro que a obsesión do BNG con Altri non ten nada que ver coa ecoloxía, senón que se trata dunha maneira pouco sofisticada de tentar desgastar a un Goberno que funciona” 24 de novembro de 2024. Os eurodeputados do Partido Popular […]

today24 noviembre, 2024

Comarca

BNG advirte da ameaza que supón Altri para a declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade

Santiago de Compostela, 18 de setembro, 2024.  A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas, advertiu este mércores da “dobre ameaza” que suporía a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei para o alto valor patrimonial, cultural e turístico do Camiño de Santiago. Por unha banda, asegurou, pode afectar á zona de amortecemento deste BIC e, pola outra, pode condicionar a declaración do Camiño como Patrimonio da Humanidade. No transcurso dunha pregunta ao Goberno do PP na Comisión de […]

today18 septiembre, 2024

Comarca

O PPdeG reclama os fondos europeos comprometidos para Altri e acusa a PSOE e BNG de «ir en contra de Galicia»

● María Jesús Lorenzana afea a socialistas e nacionalistas que estean “en contra do emprego e do desenvolvemento industrial de Galicia só por seguir as ordes de Pedro Sánchez” e ao BNG que non entenda que “o desenvolvemento industrial e o aproveitamento dos nosos recursos son compatibles” ● Ánxeles Vázquez: “Loitaremos para que empresas tractoras se instalen no territorio e poidan crear riqueza cumprindo coa lexislación vixente e garantindo o equilibrio entre medio ambiente, saúde e economía” ● Pablo Taboada: […]

today17 septiembre, 2024

Actualidad

VIDEO | Máis de 30.000 persoas arrodean a Xunta ao berro de ¡Altri non!

O BNG propón destinar os 250 M€ que o PP quere dar a Altri a un Plan Ulloa-Ulla-Arousa que revitalice estas comarcas Olalla Rodil exíxelle á Xunta do Partido Popular que non impoña a construción dunha fábrica de celulosa na Ulloa que sería unha auténtica bomba ambiental Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2024. O Bloque Nacionalista Galego vén de participar na multitudinaria mobilización que arrodeou a Xunta de Galiza con máis de 30.000 persoas en contra da macrocelulosa ALTRI […]

today30 junio, 2024 2

Actualidad

«A manifestación contra Altri foi a máis importante da historia do rural en Galicia»

O pasado domingo 26 de maio, tivo lugar unha manifestación histórica no concello lucense de Palas de Rei, organizada por diversas plataformas veciñais e ecoloxistas. Xosé Gontá, portavoz do colectivo A Ulla Viva, describiu a manifestación como "a máis importante celebrada no rural galego en toda a historia". Segundo os organizadores a cifra de participantes foi dunhas 20.000 persoas, mentres algúns medios, citando a outras fontes, contaron 4.000. Gontá asegura que debido as colas de coches, houbo persoas que chegaron […]

today27 mayo, 2024

AD