AD

Actualidad

«A xerencia manipula os datos oficiais para banalizar o colapso das urxencias»

today13 enero, 2024

Fondo
share close
AD
Santiago, 13 de xaneiro de 2024.- A pesares do relato oficial que nega o colapso dos servizos de urxencias do CHUS e da manipulación evidente das cifras publicadas no “Pulso do CHUS” en relación cas camas ocupadas, moi a noso pesar, a túzara realidade imponse. Segundo denuncian dende a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, o día 12 de xaneiro, ás 14:58 horas, 11 pacientes graves estaban aparcados nos corredores de acceso do servizo en padiolas e cadeiras de rodas e 41 co ingreso asinado en planta estaban acupando as zonas de atención mentres agardaban por unha cama. 
O grao de banalización do problema humano que se produce no servizo cando un paciente é colocado nos corredores, chega a tal nivel que o coordinador do servizo e a supervisión de enfermería habilitaron un corredor cunha mesa de control para que as persoas agarden, moitos deles en camisón, a ser trasladadas en ambulancia ou acceder a unha cama en planta. Segundo fontes fiables nas redes sociais varias traballadoras de enfermería, negáronse, con bo criterio deontolóxico, a desenvolver as súas funcións nese entorno.
Pero agora non só se oculta a realidade cun relato construído a medida senón que ademais, e de acordo cas fotos que se acompañan a esta nota, manipúlase a información oficial publicada diariamente na páxina web do CHUS. Segundo esta fonte oficial, os días 9 e 11 de xaneiro u número de persoas hospitalizadas no complexo hospitalario eran, respectivamente, de 931 e 928. Non entanto a porcentaxe de ocupación en médica era para os mesmos días do 57% e o 93%. Con practicamente o mesmo número de pacientes en planta a ocupación da área de medicina interna en 48 horas aumentou, por arte de maxia, nun 36%. Parece evidente que os responsables sanitarios desta área poñen mais empeño en ocultar a realidade que en resolver o problema humanitario que se produce no ámbito asistencial da súa responsabilidade.
O número de camas existentes no CHUS é de 1.511 polo que nas últimas 24 horas o nivel de ocupación era de 804 camas (53%), o que significa que un total de 707 camas están pechadas sen asignación de persoal facultativo e de enfermería. E isto sen contar as 73 camas do hospital Gil Casares que levan meses pechadas debido a paralización das obras de restauración.
FOTOS
Foto do Pulso do CHUS do 09/01/2024 recollendo o número de pacientes hospitalizados e a porcentaxe de ocupación nas últimas 24 horas.
Foto do Pulso do CHUS do 11/01/2024 recollendo o número de pacientes hospitalizados e a porcentaxe de ocupación nas últimas 24 horas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%