AD

Actualidad

Ábrese o prazo de presentación de traballos para o X Certame Poético Rosalía de Castro

today8 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • O gañador recibirá 1.500 euros, un diploma e a publicación na colección de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón
  • Poderán presentarse obras inéditas en galego cunha extensión mínima de 400 versos
  • A data límite para enviar os traballos é o 15 de marzo

Padrón. 08-01-2024.- O Concello de Padrón convoca a décimo edición do Certame Poético Rosalía de Castro co obxectivo de promover a poesía galega e homenaxear á figura da escritora galega máis universal.

O prazo de presentación dos traballos finalizar á o 15 de marzo.

A participación no concurso está aberta a calquera persoa, independentemente da súa nacionalidade. A temática e a forma poética escollida son libres, pero só se aceptarán obras inéditas en lingua galega, non premiadas noutros concursos, e cunha extensión mínima de 400 versos.

O traballos deberán presentarse no Concello de Padrón (rúa Longa, 27. 15900-Padrón) por quintuplicado e en papel, en tipografía Arial e tamaño 12, polo sistema de plica.

A obra gañadora será premiada con 1.500 euros e un diploma acreditativo. Publicarase, ademais, na colección de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

O premio entregarase no mes de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas ou nunha data próxima. A decisión do xurado coñecerase antes do 17 de maio de 2024 e darase a coñecer a través do taboleiro de anuncios e da páxina web do Concello.

As bases completas do X Certame Poético Rosalía de Castro poden consultarse na web do Concello de Padrón.

O último gañador do certame foi Francisco Javier Fernández Davila, escritor e enxeñeiro natural de Canido (Oia), coa súa obra Konpostela.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%