AD

Destacado

Acabouse!, a campaña do Concello de Arzúa polo 25N

today13 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • A través de diferentes citas, a campaña convida a reflexionar sobre as violencias machistas presentes e normalizadas en famosas series, películas e contos
  • Unha completa axenda de actividades acompaña esta campaña para “reflexionar e concienciar sobre as violencias machistas invisíbeis, sutís, ocultadas que nos acompañan todos os días” explicou Lucía López Sobrado, concelleira de igualdade no Concello de Arzúa

Arzúa, 13 de novembro de 2023._ A Concellaría de Igualdade do Concello de Arzúa vén de lanzar a campaña en torno ao 25 de novembro, Día Internacional contra as violencias machistas. “Baixo o lema xenérico “Acabouse!” a campaña ten con fío condutor diferentes citas que podemos achar en famosas series, películas e contos, convidando a reflexionar sobre as violencias machistas que representan e que habitualmente normalizamos” explicou Lucía López Sobrado, concelleira de Igualdade.

“Con esta campaña queremos chamar a atención sobre como habitualmente como sociedade asumimos expresións, condutas, accións… que agochan moi diferentes formas de violencias machistas que están presentes na nosa vida cotiá e que é necesario que saian á luz para pórlles fin, para dicir acabouse!” explicou a edil de igualdade.

Desde a Concellaría de Igualdade animan á veciñanza “a aproveitar as múltiples actividades que acompañarán esta campaña nos vindeiros días para concienciar e reflexionar en torno as actitudes machistas que consentimos no día a día porque son a base da sociedade desigual entre mulleres e homes na que vivimos “ explicou Lucía López Sobrado e, engadiu, “os feminicidios dos que por desgraza temos coñecemento case a diario son a punta do iceberg dunha violencia brutal e transversal que atravesa todas as esferas da sociedade, unhas máis visíbeis, e outras invisíbeis, sutís, ocultadas, como as que con esta campaña queremos sacar á luz e á reflexión” explicou a concelleira de igualdade do Concello de Arzúa.

Cada unha das pezas pecha cunha explicación do tipo de violencia machista reflexada, que axuda a pórlle nome e identificala, e cunha reivindicación para “pórlle fin todos os días, algo que quero destacar pois nesta data do 25 de novembro en que todas as institucións públicas se suman ao rexeitamento ás violencias machistas, é importante lembrar que debemos traballar na erradicación do machismo e a violencia que este enxendra durante os 365 días do ano, poñendo máis recursos, máis acompañamento ás vítimas e máis e medios desde as administracións públicas para este fin” salientou Lucía López Sobrado.

A campaña, presente nos centros de ensino arzuáns

A campaña non queda só nunha serie de pezas de concienciación, senón que tamén estará presente nos centros educativos en forma de dinámicas de traballo.

“As dinámicas están orientadas a identificar estas violencias á vez que teñen un enfoque construtivo. Por iso, consisten na reescritura das historias por parte do alumnado para rematar coa violencia sinalada” explicou Adrián Gonçalves, Director do CIM de Arzúa.

Así mesmo, a campaña incorpora a dirección e contacto do CIM (Centro de Información ás Mulleres) nalgunhas das pezas.

Múltiples e variados actos para todos os públicos

Desde a Concellaría de Igualdade informan de que esta campaña ven acompañada de múltiples actividades dirixidas a públicos diversos, comezando polos centros educativos, nos que se realizarán diferentes obradoiros de prevención das violencias machistas. É o caso do obradoiro “Construción en xénero”, dirixido a alumnado de 2º da ESO do IES de Arzúa; o obradoiro “Bo trato e coidado”, dirixido a alumnado de FP Básica do IES de Arzúa; e o obradoiro “StandUP sobre acoso na rúa”, dirixido a alumnado da EFA Piñeiral. A eles súmase o obradoiro de stop motion #DeFronte, dirixido á mocidade arzuá.

Haberá tamén programación cultural en torno ao 25N con mulleres creadoras como protagonistas, comezando polo concerto de Verónica Codesal o próximo xoves 16 ás 19:00 na Capela da Madanela co proxecto 100 voltas, un proxecto cargado de cultura e tradición galega, con textos tradicionais, propios e tamén de poetas galegas contemporáneas a través dos que contan as súas historias de mulleres, esposas, parellas, nais, fillas, amigas, traballadoras, artistas, activistas.

O domingo 26 de setembro ás 18:30 na Capela da Madanela será a quenda para o teatro, da man da compañía Tarabela Creativa, que traerá a Arzúa o seu espectáculo “Tabú”. Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

A programación rematará coa xornada ESPADELA “Coidados, feminismos e ruralidades”, que se realizará o 1 de decembro a partir das 16:30 na Capela da Madanela. EspadELA é unha escola de apoderamento feminista para mulleres que habitan o rural da provincia da Coruña, que busca fomentar a participación das mulleres na vida comunitaria a través de procesos de apoderamento persoal, social e político.

Nesta xornada presentarase o proxecto, realizarase un obradoiro de coidados e unha conversa con dúas persoas expertas. Á xornada seguiralle a presentación da exposición fotográfica do mesmo nome, que permanecerá na Capela da Madanela até o 10 de decembro, e na que participan mulleres coidadoras veciñas de Arzúa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%