Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 mayo, 2024
O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto
As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas
Para este verán, ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos, e engadirá aos fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos propios) que custará 20 euros; o individual para toda a tempada, de 14 euros, e o abono de tempada para menores de 18 anos, de 7 euros
Ames, 20 de maio de 2024.- O Concello de Ames abre este luns, 20 de maio, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal (ao pé desta nova ou no apartado de trámites) e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto.
Ante a próxima apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro, a Concellaría de Deportes abriu este luns, 20 de maio, o prazo para facerse co carné de usuario/a destas instalacións. Para solicitar a tarxeta de usuario/a é preciso presentar a solicitude cuberta, unha foto actualizada escaneada (tamaño carné por cada usuario novo ou se fose necesario renovala) e a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria.
A folla de autoliquidación pode solicitarse nas oficinas de recadación (en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6; ou no Milladoiro, na rúa Viorneira, número 6) ou no correo electrónico ames@canaltributos.com. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 88 48 96. Os/as usuarios/as tamén poderán tramitar directamente a súa autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.
Desde o Concello solicítase que, na medida do posible, as/os usuarias/os descarguen a documentación desde a páxina web e que soliciten a folla de autoliquidación por correo electrónico para despois facer o correspondente pago. Unha vez recibida toda a documentación, enviaranse nun prazo de 5 días, o carné actualizado nun documento PDF.
Prezos dos abonos
Para este verán, ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos, e engadirá aos fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos propios) que custará 20 euros; o individual para toda a tempada, de 14 euros, e o abono de tempada para menores de 18 anos, de 7 euros.
Tamén haberá abonos mensuais, de 7 euros para maiores de idade e de 5 euros para menores de 18 anos. Os menores de 4 anos están exentos de pago. O terceiro irmán/a en abono, menor de 18 anos, terá unha redución do 50%. Ademais existen exencións de taxas nos abonos, sempre e cando se conte con informe de Servizos Sociais.
Os interesados/as poden solicitar máis información chamando ao número de teléfono 981 535 940 (oficina de Deportes do Milladoiro) ou no número de teléfono, 619 842 504 (na oficina de Deportes de Bertamiráns), en horario de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00 horas. A apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro está prevista para o 15 de xuño. Permanecerán abertas ata o 15 de setembro, en horario de 11.00 a 21.00 horas
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)