Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 diciembre, 2024
As bandeiras da Casa do Concello ondearán a media hasta dende as 12.00 horas do mediodía deste mércores, 11 de decembro, ata mañá a esta mesma hora.
A capela ardente está instalada no tanatorio Apóstolo Santiago, situado en Bertamiráns. O funeral será este xoves 12 de decembro. Saírase ás 16.30 horas dende o tanatorio cara a igrexa parroquial de Tapia, onde terá lugar dito funeral
O alcalde de Ames, Blas García, destaca que Maximino Viaño “era unha persoa moi querida, coñecida e apreciada no concello de Ames. Fixo unha labor moi importante, tanto no eido cultural como empresarial. Axudou a fundar Feiraco e Ternera Gallega”
Blas García engade “foi unha persoa que sempre estivo moi vinculada ao campo, pero tamén no ámbito cultural aportou moito ao noso concello. Sempre foi un firme defensor da lingua galega, con tres publicacións, a última delas contou coa colaboración do Concello de Ames, e nas que recolle historias do Val da Maía e da contorna de Ames”
Ames, 11 de decembro de 2024.- O Concello de Ames vén de decretar un día de loito oficial polo pasamento Maximino Viaño, cronista oficial de Ames e que recibiu a medalla do Concello no acto do Día de Galicia celebrado en xullo de 2020. As bandeiras da Casa do Concello ondearán a media hasta dende as 12.00 horas do mediodía deste mércores, 11 de decembro, ata mañá a esta mesma hora. En febreiro de 2017 o Concello de Ames realizoulle un acto de homenaxe no Pazo da Peregrina, onde Maximino Viaño estivo acompañado das autoridades municipais, familiares e amigos/as. Ademais, en maio de 2019 presentou, tamén no Pazo da peregrina, o seu último libro “Visto desde a aldea. Aquela xentiña éramos así”, que contou coa colaboración do Concello de Ames e da Deputación da Coruña.
O alcalde de Ames, Blas García, destaca que Maximino Viaño “era unha persoa moi querida, coñecida e apreciada no concello de Ames. Fixo unha labor moi importante, tanto no eido cultural como empresarial. Axudou a fundar Feiraco e Ternera Gallega. Foi unha persoa que sempre estivo moi vinculada ao campo, pero tamén no ámbito cultural aportou moito ao noso concello. Sempre foi un firme defensor da lingua galega, con tres publicacións, a última delas contou coa colaboración do Concello de Ames, e nas que recolle historias do Val da Maía e da contorna de Ames”.
Ademais, o rexedor municipal dixo que “no ano 2020 dende o Concello recoñeceuse a súa labor coa distinción máis grande que outorga o Concello que é a medalla de Ames, e tamén recoñecéndoo en 2015 como o cronista oficial de Ames. Coa súa marcha hoxe, remata unha etapa moi importante da historia de Ames. Nestes momentos temos que estar ao lado da súa familia apoiándoos e trasladándolle o noso cariño, pero ademais, como último acto que podemos facer dende o Concello, imos a decretar un día de loito oficial que comeza hoxe mércores, ás 12.00 horas do mediodía, e rematará mañá xoves á mesma hora. Alá onde estea que siga contando esas historia que contaba con tanto cariño do concello de Ames”.
Dende o Concello infórmase que a capela ardente está instalada no tanatorio Apóstolo Santiago, situado en Bertamiráns. O funeral será este xoves 12 de decembro. Saírase ás 16.30 horas dende o tanatorio cara a igrexa parroquial de Tapia, onde terá lugar dito funeral.
Cronista oficial e concesión da medalla do Concello de Ames
No pleno ordinario de novembro de 2015 a Corporación municipal aprobou por unanimidade unha moción para o nomeamento honorífico de Maximino Viaño García como cronista oficial do Concello de Ames. Posteriormente, no ano 2020 recibiu a medalla do Concello no acto do Día de Galicia celebrado en xullo de 2020.
Por outra banda, en febreiro de 2017 o Concello de Ames realizoulle un acto de homenaxe no Pazo da Peregrina, onde Maximino Viaño estivo acompañado das autoridades municipais, familiares e amigos/as. Ademais, en maio de 2019 presentou, tamén no Pazo da peregrina, o seu último libro “Visto desde a aldea. Aquela xentiña éramos así”.
Maximino Viaño
Histórico do Cooperativismo Agrario Galego, Maximino foi socio fundador da Cooperativa Feiraco e promotor da denominación Ternera Gallega, cuxo órgano reitor presidiu ata o ano 1973. Comendador da Orde ao Mérito Agrícola e Medalla de Bronce de Galicia, Maximino dedicou unha boa parte da súa vida a fomentar o progreso e a mellora do campo.
O seu labor no mundo cooperativo e gandeiro compatibilizouse coa súa actividade política -concorreu ao senado co CDS- e coa súa afección á escritura. Esta última plasmouse en ensaios para publicacións agrarias ou relacionadas coa economía galega.
As lembranzas e as vivencias dese “home de campo e fillo de labradores”, como a el lle gustaba definirse, están recollidas nos seus libros: Lembranzas: Unha vida no campo galego (2001); Os muíños de Riamontes. Contos da miña aldea (2004), editado polo Concello de Ames, e Visto desde a aldea, aquela xentiña eramos así, publicado este último no ano 2019 polo Concello de Ames e a Deputación Provincial da Coruña.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)