AD

Comarca

2475 Resultados / Página 1 de 275

Fondo
AD

Actualidad

Padrón e Arjonilla reforzan o seu irmandamento durante a XIX Feira Medieval

• Os alcaldes destacan a cooperación entre ambos municipios e reivindican o valor dos lazos que unen ambos os dous pobos. • As dúas corporacións realizaron unha ofrenda floral diante do monumento a Macías O Namorado no Xardín Botánico-Artístico. • Anxo Arca e Luis Miguel Carmona inauguraron a Feira Medieval xunto con autoridades, veciñanza e visitantes nun percorrido polo mercado de época. Padrón. 4-7-2026.- Padrón e Arjonilla volveron escenificar este sábado a fortaleza do seu irmandamento no marco da XIX […]

today4 julio, 2026

Actualidad

O comercio tradicional boirense protagoniza o inicio das Festas do Verán 2026

O Concello de Boiro deu comezo este venres ás Festas do Verán 2026 por todo o alto co comercio tradicional boirense como homenaxeados deste ano nun pregón presentado por Leti da Tababerna que recoñeceu a contribución destes negocios ao desenvolvemento económico, social e humano de Boiro ao longo de moitas xeracións. Participaron neste pregón representantes de negocios como Noemi, a de Lola, A taberna de María, a taberna de Runs, a Casa do Demo, o bar Bocacho, a de Josefina, […]

today4 julio, 2026

Comarca

Rianxo levará ao pleno a aprobación da primeria RTP da historia do concello

A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Rianxo vén de aprobar por unanimidade a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT), un documento organizativo que o goberno local define como “histórico” dado que nunca antes se chegou a aprobar. A proposta chega despois dun proceso de negociación coa representación sindical e inclúe un expediente completo composto polo organigrama administrativo, as fichas descritivas dos postos, a valoración técnica de cada un deles, o cadro resultante da RPT eo manual […]

today2 julio, 2026

Actualidad

Arzúa mellora a contorna da Casa do Peregrino

O Concello de Arzúa está a executar as obras de acondicionamento e mantemento da contorna exterior da Casa do Peregrino en Río Vello, unha actuación promovida pola Concellería de Turismo, dirixida por Begoña Balado, co obxectivo de mellorar este espazo e continuar poñendo en valor as infraestruturas de interese turístico do municipio. Os traballos inclúen a instalación de valados de madeira para delimitar parte da parcela, a mellora e saneado do camiño lindeiro e da zona de acceso á edificación, […]

today2 julio, 2026

Comarca

A renovación de 500 luminarias permitirá a Rianxo aforrar uns 50.000 euros anuais

O Concello de Rianxo levará a cabo a renovación integral do sistema de iluminación da vila grazas á concesión dunha subvención de 547.364,30 euros no marco da segunda convocatoria do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de alumeado exterior municipal do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Rianxo foi un dos 68 municipios de toda España seleccionados nesta convocatoria, o que permitirá […]

today1 julio, 2026

Comarca

A sétima edición de Viladomar enche Rianxo de arte urbana

Lula Goce, Agustina Shuan e Alejandro Mosquera comezan desde hoxe a transformar distintos espazos da vila nunha nova edición do festival de arte pública. Rianxo, 1 de xullo de 2026.- Comeza unha nova edición de Viladomar, máis alá dos muros. Ata o 11 de xullo, Rianxo volverá acoller novas intervencións murais e unha programación que converterá a vila nun punto de encontro entre arte pública, creación contemporánea e participación. Impulsado pola Asociación Cultural Ondiñas Mainas en colaboración co Concello de […]

today1 julio, 2026

Actualidad

A Rapa das Bestas reunirá 150 xornalistas de nove países con novo horarios dos curros

Ademais dos chegados de diferentes puntos da xeografía española, asistirán fotógrafos e xornalistas de Estados Unidos, Arxentina, Uruguay, Portugal, Francia, Alemaña, Romanía e Reino Unido. A organización decide variar xa o horario dos curros ante a vaga de calor prevista. Sabucedo, 1 de xullo de 2026.- A Rapa das Bestas de Sabucedo, Festa declarada de Interese Turístico Internacional en 2007 e Ben de Interese Cultural (BIC) Inmaterial en 2025, reunirá esta vindeira fin de semana nesta pequena parroquia estradense a […]

today1 julio, 2026

Comarca

Xunta e Rianxo asinan un convenio para mellorar a contorna do Hórreo do Araño

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín, asinaron hoxe un convenio de colaboración para acometer a mellora da contorna e dos accesos ao Hórreo do Araño, considerado un recurso turístico de gran valor etnográfico e patrimonial ao tratarse do máis longo e de maior capacidade de Galicia. O proxecto contará cun investimento estimado de 215.985 euros, dos que Turismo de Galicia achegará representa o 67% do orzamento total. Segundo explicou o […]

today30 junio, 2026

Comarca

Oroso ampliará e renovará o parque canino de Porto Avieira

O Concello de Oroso e a Xunta de Galicia deron un novo paso para mellorar os espazos públicos do municipio coa sinatura do protocolo de colaboración que permitirá acometer a ampliación e renovación do parque canino de Porto Avieira. A actuación contará cun investimento de preto de 50.000 euros e permitirá modernizar as instalacións, reforzar a seguridade do recinto e incorporar novos servizos e equipamentos para facer do parque un espazo máis cómodo, accesible e funcional. Entre as melloras previstas […]

today30 junio, 2026

AD