Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 agosto, 2024
O Concello de Arzúa organiza un acto solemne de lembraza co gallo do 17 de agosto, data que se reivindica desde fai moitos anos como o Día da Galiza Mártir
Arzúa, 12 agosto 2024 – O vindeiro sábado 17 de agosto, ás 12.00 horas, o Concello de Arzúa celebrará un acto solemnne de lembranza a Juan Manuel Vidal, antigo alcalde do municipio, que foi fusilado polo réxime franquista. Este pretende ser, ademais, «un acto de lembranza de todas as galegas e galegos que loitaron pola liberdade fronte ao fascismo» explicou o actual alcalde, Xoán Xesús Carril.
O evento terá lugar na Praza de Galiza, fronte ao busto de Juan Manuel Vidal, «e celebrarase o vindeiro sábado 17 de agosto, data que desde hai anos se reivindica como Día da Galiza Mártir» explicou Carril.
Desde o Concello sinalan que será «unha xornada de memoria e reivindicación da liberdade e dos valores democráticos na que, ademais doutras intervencións, haberá tamén unha pequena actuación de Xosé Luís Rivas «Mini», mestre e músico de longa traxectoria recoñecida e persoa comprometida coa recuperación da memoria histórica» explicaron.
O Concello de Arzúa convida a toda a veciñanza a participar neste acto de homenaxe e a reflexionar sobre a importancia de manter viva a memoria democrática para que feitos así non volten acontecer e seguir a reclamar xustiza e reparación para as vítimas do franquismo.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)