AD

Actualidad

Arzúa urxe unha reunión co xerente do Xacobeo para a cesión da antiga casa de Correos

today12 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Arzúa, 12 de Abril de 2024-. Dende a Concellería de Turismo e Acción Urbana do Concello de Arzúa, están a traballar activamente para promover e potenciar o noso patrimonio cultural e turístico. Neste eido, ¨solicitamos unha reunión urxente co xerente do Xacobeo cóa fin de asinar un convenio que nos permita facer uso das instalacións da Antiga Casa de Correos de Arzúa, posto que a fachada e parte do interior estase a deteriorar pola falla de mantenemento¨, explica a concelleira de Turismo e acción urbana, Begoña Balado.

As labores de rehabilitación e conversión da antiga Casa de Correos de Arzúa, situada na rúa das Dores, nun edificio de uso público destinado a actividades culturais e turísticas, comezaron a finais do pasado ano.

O proxecto, cun orzamento de 561.404 euros, financiado integramente polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, contou tamén cun investimento adicional de 65.000 euros para a realización do proxecto. O proxecto contemplaba a recuperación da construción orixinal, adaptando o edificio á normativa vixente e ao seu novo uso como centro cultural. Este centro albergará actividades relacionadas co Camiño de Santiago, así como outras iniciativas culturais que promova o Concello de Arzúa. As intervencións incluíron o acondicionamento do xardín, que quedou incorporado á rede de espazos libres de Arzúa, e a conexión dun itinerario que conecta tanto este novo espazo público co xardín do albergue de peregrinos como co acceso á Capela da Madanela.

Esta actuación, enmarcada nas iniciativas do Goberno de España no ámbito do Camiño de Santiago, busca realzar o Xacobeo, contribuíndo a dinamizar o turismo e a xerar actividade económica local. A rehabilitación, que afectou a 300 metros cadrados no interior do edificio e case mil metros no exterior, cumpriu cos prazos establecidos de dez meses, dende o Goberno Municipal, recalca a edil Begoña Balado, ¨estamos comprometidos coa posta en valor do noso patrimonio cultural e co impulso do turismo na nosa vila. Con este convenio co Xacobeo, esperamos poder ofrecer á veciñanza e aos visitantes un espazo único e dinámico para disfrutar da nosa rica historia e tradicións

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%