Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 noviembre, 2025
A Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago de Compostela fixo público un comunicado no que manifesta o seu apoio incondicional aos veciños de San Lourenzo e á Asociación Río Sarela, tras coñecerse a nova da reapertura da Sala Malatesta, situada na rúa de San Lourenzo.
No texto, a Coordinadora lembra que a actividade que pretende desenvolver o local “en horario nocturno” foi cualificada en numerosas ocasións pola xurisprudencia como molesta e prexudicial para a saúde, o que a fai “incompatible co uso residencial” da zona.
Ademais, salientan que os expedientes administrativos previos, que levaron ao peche do local durante máis de seis meses, deberían ter motivado unha avaliación exhaustiva sobre “os efectos cuantitativos e cualitativos” que a actividade do espazo de ocio provocou no pasado e pode volver provocar na veciñanza.
Dende o punto de vista veciñal, a Coordinadora considera que a reapertura contradí o primeiro obxectivo do Plan Especial PE-1, que é “manter e reforzar o uso característico residencial do ámbito”. Por iso, fan un chamamento á alcaldesa para que “poña todos os medios necesarios” co fin de garantir os dereitos constitucionais dos veciños á intimidade no domicilio e á saúde.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)