AD

Deportes

As Cancelas ofréceche en directo o derbi Ourense – Obradoiro este sábado en Radio Líder Santiago

today8 enero, 2026

Fondo
share close
AD

O ambiente do gran derbi galego que se vivirá este sábado, 10 de xaneiro, no Pazo dos Deportes Paco Paz tamén terá o seu reflexo nas ondas. Radio Líder Santiago ofrecerá en directo o duelo da Primeira FEB entre o Cloud.gal Ourense e o Monbus Obradoiro, un partido cargado de emoción que dará comezo ás 19.00 horas e que contará co patrocinio do Centro Comercial As Cancelas.

O encontro supón unha nova proba de esixencia para o conxunto santiagués nunha das pistas máis complexas da categoría. O COB Ourense, arroupado pola súa afección no Paco Paz, buscará facer valer o factor cancha nun derbi que sempre se vive con especial intensidade e no que os detalles adoitan ser decisivos.

Pola súa banda, o Monbus Obradoiro chega coa ambición de manter a súa boa dinámica competitiva e sumar un triunfo de prestixio ante un rival directo, nunha fase da tempada na que cada vitoria pode resultar clave para definir os obxectivos finais.

A expectación é alta tanto dentro como fóra da pista, cun pavillón ourensán que promete un gran ambiente para unha das citas máis atractivas do calendario autonómico. Radio Líder Santiago achegará aos oíntes todas as emocións do derbi, coa narración en directo de Manu ‘Planetario’ e o mellor ambiente dun partido especial da Primeira FEB. O encontro poderase escoitar na 97.7 FM ou na web www.radiolidersantiago.com. 

Ademais, este gran derbi chega da man do Centro Comercial As Cancelas, que este domingo 11 de xaneiro abre todas as súas tendas con motivo da apertura comercial. Unha fin de semana perfecta para gozar das Rebaixas, con descontos de ata o 50 % en todos os establecementos, e completar o plan achegándose ao cine para non perder a nova entrega de Avatar, que está a bater récords de billeteira. As Cancelas ofréceche o derbi e moito máis, deporte, compras e lecer nun mesmo espazo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *