AD

Actualidad

Besteiro denuncia “o mes de mentiras de Rueda” tratando de ocultar a «marea plástica»

today9 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta destaca o contraste entre a tardía reacción do Goberno galego coa dilixencia do Goberno de Asturias, que activou de inmediato o nivel 2 de alerta para pedir axuda estatal

Acompañado dos alcaldes e alcaldesas da comarca de Arousa denuncia que a Xunta deixou sos aos concellos, sen aprobar sequera un protocolo sobre que facer cos residuos recollidos por operarios municipais e voluntariado

A Illa de Arousa, 9 de xaneiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, acompañou aos alcaldes e alcaldesas da comarca de Arousa nunha visita á praia do Carreirón, na Illa de Arousa, un dos puntos do litoral arousán máis afectado pola “marea plástica”. Dende alí denunciou “o mes de mentiras de Rueda” para tratar de ocultar a catástrofe ambiental que afecta ao litoral galego dende o pasado decembro.

“Non lles boto a culpar da marea plástica, pero si de que nos mentiran, de que non actuaran e de que estean ausentes; merecemos un Goberno que non nos minta” dixo Besteiro despois de relatar que mentres os pellets contaminaban a costa Rueda tivo tempo de convocar Eleccións e irse de vacacións, pero aínda non tivo ocasión para pisar unha soa das praias afectadas, cando xa son case 80 os areais contaminados nas tres provinciais costeiras galegas.

Besteiro, acompañado do alcalde da Illa, Luís Arosa, coñeceu o impacto ambiental nesta contorna natural da provincia de Pontevedra, de onde se teñen recollidos tres sacos procedentes do vertido do buque Toconao e tamén moitos quilos de bolas esparexidas pola praia. Onte mesmo operarios municipais procedían, sen axuda dos medios da Xunta, á limpeza da contorna. Na visita ao Carreirón estivo taén o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, e os alcaldes socialistas de Vilagarcía, Alberto Varela; Cambados, Samuel Lago e Meis, Marta Giráldez, desculpando a súa ausencia o do Grove, José Cacabelos, por convalecencia. En conxunto, denunciaron a carencia dun protocolo da Xunta para o tratamento dos residuos que se van retirando da praia. Así, relataron que as consellerías do Mar e Medio Ambiente pásanse as chamadas dunha a outra sen dar unha resposta sobre que facer cos plásticos retirados das praias tanto polos equipos municipais, como polas persoas voluntarias. “Os concellos, unha vez máis, quedaron abandonados”, insistiu Besteiro.

O candidato socialista resumiu o que está a suceder como “un mes de catástrofe institucional” dunha Xunta que foi incapaz de utilizar todos os recursos que tiña ao seu redor e que lle brindou o Goberno de España e que “mentiu ao dicir alegremente e sen mostrar as probas que os plásticos non son tóxicos”, en contraste coa opinión da máxima autoridade ambiental da Fiscalía, que si detectou indicios de toxicidade. “Á conselleira de Medio Ambiente só lle faltou dicir que os pellets saben ben”, ironizou. Comparou a reacción da Xunta tardando varias semanas en activar o Plan de Alertas por Contaminación Mariña en Galicia (CAMGAL) e negándose despois a activar o nivel 2 da alerta, que implicaría a participación do Estado, coa axilidade coa que o Goberno do Principado de Asturias apostou pola colaboración institucional activando o nivel 2 do plan asturiano.

Os socialistas xa solicitaron unha xuntanza co comisario europeo de Medio Ambiente e Océanos para recompilar información sobre a resposta da Xunta e saber se pediron asesoramento ás institucións europeas sobre os efectos para o ecosistema mariño e especialmente para a pesca “ou saber se, efectivamente, non fixeron nada”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%