Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 noviembre, 2025
O Monbus Obradoiro aposta este ano por ampliar as ofertas do tradicional Black Friday e lanza a súa propia Black Week, unha campaña que permitirá desfrutar de descontos durante toda unha semana.
Entre o luns 24 e o venres 28 de novembro, todos os produtos da tenda física situada no Multiusos Fontes do Sar contarán cun 25% de desconto adicional. Ademais, os abonados poderán acumular este beneficio ao 10% habitual, acadando así un 35% de desconto total. Para o público xeral, o desconto será do 25% en todo o merchandising oficial.
Camisetas, sudadeiras, accesorios e todo tipo de artigos do equipo estarán dispoñibles para que os seareiros poidan renovar a súa equipación e seguir mostrando o seu apoio ao club.
Desde o Obradoiro animan a toda a afección a achegarse á tenda durante esta semana especial de ofertas e aproveitar esta oportunidade única para facerse cos seus produtos favoritos.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)