Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 mayo, 2024
Douscentos alumnos e alumnas do CPI Antonio Orza Couto asisten á entrega de galardóns e á presentación da adaptación de “Memorias dun neno labrego” á banda deseñada, realizada por Iria Aldegunde
Boqueixón, 17 de maio de 2024.- Máis de douscentos alumnos e alumnas do CPI Antonio Orza Couto participaron no Festival das Letras Galegas de Boqueixón, onde o alcalde Ovidio Rodeiro Tato fixo entrega dos premios do X Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas e a artista Iria Aldegunde presentou a súa adaptación á banda deseñada do libro “Memorias dun neno labrego”. Un acto no que o alcalde de Boqueixón e a autora estiveron acompañados por Fernando Redondo, presidente da Fundación Neira Vilas; Gonzalo Redondo, concelleiro de Cultura; Ángel Manciñeiras, director do colexio; e Rosario Golmar, presidenta do xurado do certame e da Fundación Neira Vilas.
O Festival das Letras Galegas 2024 comezou coa presentación da adaptación ao cómic do libro “Memorias dun neno labrego”, editada por Galaxia. A propia autora, Iria Aldeagunde, explicoulles aos nenos e nenas de Boqueixón como se iniciou no mundo da banda deseñada da man de O Garaxe Hermético, escola profesional en Pontevedra impulsada por Kiko da Silva. Tamén destacou a importancia que este libro tivera na súa infancia, xa que o leu en varias ocasións, e decidiu adaptalo á banda deseñada coa intención de achegar as andanzas de Balbino a unha nova xeración.
Premios relato curto
Tras a presentación, Ovidio Rodeiro e Gonzalo Redondo procederon a entregar os premios do X Certame de relato curto Xosé Neira Vilas entre os nove premiados entre as tres categorías convocadas:
1ª categoría: 3º- 4º de Primaria
• 1º premio: A vaca aventureira de Hugo Rosende Borrageros
• 2º premio: O castelo que derrubou de Icía Amorín López
• 3º premio: O lobo e o puma de Yerai Castro Salgueiro
2ª categoría: 5º – 6º de Primaria
• 1º premio: A cova sepultada de Fátima de la Iglesia Lobato
• 2º premio: A fantasía de Roi de Abel Brey Castro
• 3º premio: O rato e a fábrica de queixo de Samuel Campos Bernal
3ª categoría: Secundaria
• 1º premio: Nadiya de Noa Méndez Picallo
• 2º premio: Hoxe e sempre contigo de Nerea Rendo Sánchez
• 3º premio: Caprichos da memoria de Ainoa Rouco González
Uns premios acordados polo xurado presidido por Rosario Golmar Saavedra, membro do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas; e composto por Rosario Iglesias Iglesias, técnica municipal de Cultura como Secretaria; e Lidia Fernández Pastoriza, profesora de Lingua eLiteratura Galega do CPI Antonio Orza Couto; e Yolanda Vázquez Fernández, membro da Asociación cultural Mestre Manuel Gacio, como vogais.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)