AD

Actualidad

CCOO lanza unha serie de propostas para desbloquear o conflito do transporte

today18 febrero, 2026

Fondo
share close
AD
  • O sindicato propón varias melloras relevantes sobre o preacordo inicial que rexeitaran as persoas traballadoras

18-02-2026.- A representación de CCOO na mesa de negociación do convenio colectivo do transporte de persoas viaxeiras da provincia da Coruña puxo enriba da mesa, durante a última xuntanza, unha serie de propostas para solucionar un conflito que leva meses sen se resolver. A patronal inda non deu a súa resposta, polo que o sindicato está á espera de que se convoque unha reunión no Consello Galego de Relacións Laborais.

Na reunión do pasado xoves, Comisións Obreiras propuxo sete puntos para mellorar o texto do preacordo ao que se chegara coa patronal e que as persoas traballadoras rexeitaron en votación. A nova proposta busca unha solución definitiva ao conflito, fronte á opción da UGT de asinar un convenio de eficacia limitada para as persoas que o queiran asumir e a posición de máximos da CIG.

CCOO propón mellorar a redacción do texto para que quede ben determinado cando é xornada continua e cando partida, por mor do cobramento da axuda de banda horaria ou, se for o caso, do plus que ofrece a parte empresarial. Este punto non pode deixar lugar a dúbidas para as persoas traballadoras e tamén ten que quedar claro como vai ser para o persoal con servizos de discrecional.

Canto á xornada das persoas acompañantes, CCOO quere que empece a computar desde que soben ao autobús ata que baixen, e sempre garantindo contratos dun mínimo de dúas horas ao día. Sobre os festivos, a proposta establece que se aboen cun incremento do 75 %, de acordo co Decreto 2001, artigo 47. Tamén que nos días especiais (24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro) o incremento sexa do 125 % do salario base máis os pluses non variables ou descanso equivalente.

No texto de Comisións Obreiras tamén figura que a xornada sexa de 1800 horas e subir dous días do que hai no convenio os días de asuntos propios, amais de que os cuadrantes de xornada e os descansos se publiquen con 30 días de antelación. Así mesmo, CCOO propón unha suba salarial máis pronunciada ca a pactada anteriormente e que a xubilación parcial por contrato de remuda sexa a elección das persoas traballadoras.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *