Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
25 de novembro de 2023.- O Concello de Brión celebrou na tarde/noite de onte venres o seu tradicional magosto e chocolatada, que comezou ás sete da tarde e se extendeu ata ben entrada a noite. Durante ese tempo, centos de veciños e veciñas foron pasando pola carpa instalada na praza das polbeiras, xusto a carón da carballeira de Santa Minia.
O tempo acompañou e durante a festa se degustaron algo máis de dosucentos quilos de castañas asadas, así como máis dun cento de litros de chocolate quente e varios milleiros de churros, que axudaron a quentar o corpo nunha noite fría. A maiores, as persoas que así o desexaron puideron facer uso da polbeira, polo que non foron poucos os que aproveitaron tamén para cear (de pago, iso si).
Un ano máis, a música e o baile correron a cargo os integrantes da Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Brión, que actuaron dende as 19:00 horas e amenizaron o principio do magosto executando varias pezas de música tradicional do seu amplo repertorio.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)