AD

brion

80 Resultados / Página 1 de 9

Fondo
AD

Actualidad

Máis de 10.000 euros recadados no IV Fest for Dent para a investigación da enfermidade de Dent

A cuarta edición do Fest for Dent celebrouse con grande éxito, superando todas as expectativas e recadando máis de 10.000 euros que se destinarán ao equipo de investigación NefroCHUS do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Esta doazón contribuirá ao estudo da enfermidade de Dent, unha doenza renal minoritaria que aínda non ten cura. O evento, organizado pola Asociación Art for Dent, combinou cultura, gastronomía e solidariedade a través de tres iniciativas clave: Concerto de Abraham Cupeiro (30 de maio) – Unha actuación emotiva e solidaria no auditorio […]

today11 julio, 2025

Actualidad

Ana Fernández, directora das Escolas Municipais de Música e Baile de Brión: «Este sábado é o noso día grande»

A directora Ana Fernández destaca a implicación do Concello, o crecemento continuo do alumnado e a importancia de dignificar a cultura galega dende a base. Brión prepárase para celebrar, este sábado, a clausura dun novo curso das Escolas Municipais de Música e Baile Tradicional, unha iniciativa que combina ensino, identidade e comunidade, e que, segundo a súa directora Ana Fernández, “segue medrando ano tras ano” con preto de 150 participantes de todas as idades. Nunha conversa emitida en Radio Líder […]

today20 junio, 2025

Comarca

Brión aproba dúas modificacións de crédito por máis de 2,24M€

O Concello prorrogará os orzamentos de 2024 e comezará a traballar na elaboración das contas de 2026 19 de xuño de 2025.- O anuncio do acordo alcanzado polos grupos municipais do PSOE e PP, para garantir a estabilidade necesaria para sacar adiante proxectos e medidas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Brión, eclipsou a aprobación de dúas modificacións de crédito na sesión plenaria do onte mércores. Dúas iniciativas que suman 2.243.326 euros, que […]

today19 junio, 2025

Comarca

O alumnado do IES Brión solicita ao alcalde a creación dun Espazo Xuvenil en Montebalado

Pablo Lago confirmou que “a creación dun espazo onde a nosa mocidade poida levar a cabo as actividades que desexen é un compromiso deste equipo de Goberno que imos cumprir. Estudaremos as posibilidades de habilitalo nunha dependencia no centro comercial” 16 de xuño de 2025.- O alcalde de Brión, Pablo Lago, acompañado polos concelleiros de Ensino, Guarina Rey, e Obras, José Antonio Vidal, mantiveron unha xuntanza cun grupo de mozos e mozas do IES de Brión, integrados na Rede Compás, […]

today16 junio, 2025

Actualidad

Brión inviste máis de 4 millóns de euros en obras: «Cambiaremos a luces LED todo o municipio»

O alcalde Pablo Lago fai balance nunha entrevista radiofónica do ambicioso plan de obras, investimentos e melloras educativas e medioambientais, que avanzan “paso a paso, con humildade, pero con firmeza”. O concello de Brión vive unha etapa de forte actividade inversora, a pesar das limitacións orzamentarias. Así o explicou o seu alcalde, Pablo Lago, nunha entrevista en Radio Líder Santiago, onde debullou con detalle os principais proxectos en marcha e a visión de futuro para un municipio de pouco máis […]

today13 junio, 2025

Comarca

Ames e Brión acollerán a cuarta edición de “Altamira Brilla” o 13 e 14 de xuño

“Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira, chega a súa cuarta edición. As actividades desenvolveranse o venres 13 e mailo sábado 14 de xuño O programa inclúe a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo Carmela, unha ruta teatralizada polos escenarios máis significativos da batalla e unha representación teatral a cargo do grupo […]

today10 junio, 2025 2

Actualidad

Familias do IES de Brión ameazan con peches pola falta de recursos

As familias do IES de Brión denuncian promesas incumpridas e ameazan con peches se non se atenden as necesidades educativas A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA Pedra Viada) do IES de Brión fixo pública a súa preocupación pola grave falta de recursos que sofre o centro, especialmente nun contexto no que case o 60% do alumnado presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). Segundo denuncia a directiva da ANPA, a Consellería de Educación non está a proporcionar […]

today2 junio, 2025 2

Comarca

A X Andaina Terras de Altamira bate todos os récords con 1.000 sendeiristas

28 de maio de 2025.- A X Andaina Terras de Altamira, organizada pola asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión, vén de romper con todos os récords de participación: 1.000 persoas percorreron os montes e aldeas do municipio durante o pasado sábado. Unha proba non competitiva pero puntuable tanto para a Liga Galega de Andainas e a Liga Ibérica de Sendeirismo. O día acompañou, tal e como salientou o alcalde brionés, Pablo Lago, encargado de dar a […]

today28 mayo, 2025

Comarca

Brión e Educación asinan un convenio para mellorar o IES Brión e o CEIP Pedrouzos

A Xunta rehabilitará o CEIP de Pedrouzos e cederá un espazo para que o Concello execute una dársena de autobuses. Pola súa banda, o Concello cubrirá os laterais do patio cuberto do IES Brión e a Xunta cederá o seu uso fóra do horario lectivo 20 de maio de 2025.- A Xunta de Galicia e o Concello de Brión estreitan a súa colaboración para impulsar, de xeito conxunto, a execución de obras de mellora no CEIP Plurilingüe de Pedrouzos e […]

today20 mayo, 2025

AD