AD

Destacado

Colisión múltiple na A-54 en Lavacolla deixa unha persoa ferida

today21 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

Un accidente de tráfico rexistrado este mediodía na autovía Lugo-Santiago (A-54), ao seu paso pola parroquia de Lavacolla, en Santiago de Compostela, saldouse polo menos cunha persoa ferida.

O sinistro produciuse arredor das 13.00 horas no punto quilométrico 88, en sentido Lugo, e nel víronse implicados varios vehículos. Segundo informaron fontes do 112, polo momento non está confirmado o número total de persoas afectadas. Non obstante, un dos alertadores, que indicou ser un dos condutores implicados, asegurou que o seu acompañante resultou ferido.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como axentes da Garda Civil de Tráfico, que se encargaron de regular a circulación e instruír as dilixencias correspondentes para esclarecer as circunstancias do accidente.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *