AD

Actualidad

Comeza a rodaxe da primeira película sobre Castelao ‘Antes de Nós’

today5 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O filme descubre episodios pouco coñecidos sobre a vida de Castelao
  • Xoán Fórneas dará vida a figura de Castelao

O pasado 2 de setembro, a produtora Zenit TV e Retrincos A.I.E comezaron a rodaxe da película Antes de Nós, o filme sobre Castelao que conta coa participación de Televisión de Galicia e coa subvención da Xunta de Galicia.

Xoán Fórneas será Castelao neste drama histórico no que destacan actores e actrices como Cris Iglesias (Virxinia Pereira), Nancho Novo (Sobral, o canteiro), Xoel Fernández (Cándido), Miquel Insua (Viturro), Sergio Zearreta (Cubeiro), Isabel Vallejo (Xaquina) e Adrián Ríos (Moure), entre outros.

A longametraxe está dirixida por Ángeles Huerta (O corpo aberto, Esquece Monelos…) e conta coa producción executiva de Zaza Ceballos. O guión é obra de Pepe Coira, a dirección de fotografía está a cargo de Lucía C. Pan, a dirección de arte de Elisa Robles, a música de Sofía Oriana e a montaxe de Lucía Iglesias. Coa dirección de produción de Lucía Caramelo, o equipo complétano Aránzazu Domínguez a cargo do vestiario, Chicha Blanco da maquillaxe e Lorena Calvo da perruquería.

A rodaxe prolongarase durante todo o mes de setembro con localizacións como Rianxo ou Pontevedra, lugares escollidos pola relevancia na vida de Alfonso Rodríguez Castelao, e en Santiago de Compostela, Muros, Fisterra, Silleda ou Negreira onde se reproducirán os escenarios nos que viviu o protagonista.

Antes de Nós non é unha biografía convencional. Antes de Nós busca entender como era Castelao, profundizando nas súas emocións e as circunstancias históricas que deron forma á figura que todos coñecemos hoxe en día. Para iso, a película céntrase en dous episodios cruciais da vida de Castelao: o seu exercicio como médico en Rianxo durante a gran gripe do 1918 e a viaxe que realizou a Bretaña en 1929, acompañado pola súa muller Virxinia, tras a tráxica perda do seu único fillo Chuchiño, á edade de catorce anos. Esta obra levaranos a descubrir quen era Castelao antes de ser o Castelao que todos coñecemos; como era Galicia antes da “xeración Nós”, e o matrimonio de Castelao e Virxinia antes de ser “nós”.

Ademais da participación de Televisión de Galicia, Antes de Nós conta coa subvención da Xunta de Galicia, a colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.

A película será distribuída en salas cinematográficas e a súa estrea prevese para o ano 2025.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%