Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 abril, 2024
23/04/2024 A entidade municipal tamén participou a comezos de abril na III Xornada de Concetividade Aérea organizada por Turespaña e Aena.
Turismo de Santiago participa en «Routes Europe», a feira do sector aéreo máis importante do continente, que este ano celénbarse en Aarhus, Dinamarca, do 22 ao 24 de abril. Tratase dun evento dirixido a liñas aéreas, aeroportos e destinos, que proporciona unha oportunidade para establecer contactos coas persoas que toman as decisións respecto do establecemento e consolidación de rutas aéreas.
Nesta feira a entidade municipal de promoción turística ten axendadas máis de dez reunións con diferentes compañías aéreas, co obxectivo de presentarlles o destino e as oportunidades que o aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro para o seu crecemento no noroeste peninsular.
Ademais destas reunións, que permitirán establecer contactos para traballar a medio prazo con estas compañías, Turismo de Santiago esta asistindo tamén a diferentes charlas e mesas redondas nas que participan responsables de liñas aéreas sobre a situación do sector e a súa previsible evolución nos vindeiros anos.
Coa participación en Routes Europe, Turismo de Santiago continúa co seu traballo na promoción de Compostela como destino turístico, neste caso a través do aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro como punto de entrada ao destino. Esta é a segunda ocasión na que Turismo de Santiago participa nesta feira do sector aéreo europeo. A primeira vez tivo lugar na edición que se celebrou en Bilbao no ano 2018.
Cabe lembrar que a comezos de abril, Turismo de Santiago participou tamén na III Xornada de Conectividade Aérea, organizada conxuntamente por Turespaña e Aena. A xornada diríxese exclusivamente a destinos turísticos, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da conectividade aérea internacional e coordinar as mensaxes fundamentais de forma unificada e eficaz.
Escrito por Líder Redacción
compostela feria radio lider santiago santiago sector aereo turismo
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)