AD

Comarca

Ames e Arcebispado de Santiago acordan regular o uso de inmobles con fins sociais, culturais e deportivos

today27 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

O alcalde de Ames, Blas García, explica que a sinatura deste protocolo pon fin a anos de diálogo e traballo entre o Concello de Ames e o Arcebispado de Santiago de Compostela e que repercutirá moi positivamente na vida da veciñanza de Ames, que gañará espazos para o seu uso e desfrute: “Con este protocolo dáse un primeiro paso para salvar infraestruturas de gran valor arquitectónico e patrimonial e ao mesmo tempo iniciamos o proceso para a creación dun moi necesario centro de atención ás persoas maiores do Concello de Ames”, apuntou García

O rexedor tamén lle agradeceu a súa colaboración para chegar a este acordo aos párrocos locais, don José Luís Dorelle (párroco de Ortoño, Covas e Trasmonte), don José María Ripol (Ames, Tapia e Agrón) e don José Manuel Guldris (O Milladoiro e Biduído)

Ames, 27 de decembro de 2024.- Este xoves, 26 de decembro, o alcalde de Ames, Blas García, e mailo arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández, asinaron un protocolo xeral de actuacións para regularizar a situación física e xurídica de varios inmobles, e para optimizar o seu aproveitamento de cara a unha mellor satisfacción dos obxectivos de promoción cultural, social, deportiva e relixiosa que lles incumben a ambas partes. Un dos acordos recolle a cesión de uso da Casa reitoral de San Tomé de Ames, situada no lugar de Cruxeiras, onde o Concello de Ames pretende crear un centro ra as persoas maiores. Ademais, na antiga Casa reitoral de Santa María de Trasmonte preténdese habilitar calquera outro servizo público competencia da Corporación.

O Concello de Ames e o Arcebispado de Santiago de Compostela asinaron un protocolo xeral de actuacións para regularizar a situación de varios inmobles que se atopan no termo municipal de Ames. O acordo ten como obxectivo optimizar o seu aproveitamento de cara a unha mellor satisfacción dos obxectivos de promoción cultural, social, deportiva e relixiosa que lles incumben a ambas partes.

O protocolo foi asinado nas oficinas do Arcebispado polo alcalde de Ames, Blas García, e o arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández. Entre os compromisos asumidos inclúense aspectos relacionados coa cesión de uso, a transmisión de propiedade e a venda de terreos, de maneira que ambas as institucións poidan colaborar en beneficio da comunidade.

O alcalde de Ames, Blas García, explica que a sinatura deste protocolo pon fin a anos de diálogo e traballo entre o Concello de Ames e o Arcebispado de Santiago de Compostela e que repercutirá moi positivamente na vida da veciñanza de Ames, que gañará espazos para o seu uso e desfrute: “Con este protocolo dáse un primeiro paso para salvar infraestruturas de gran valor arquitectónico e patrimonial e ao mesmo tempo iniciamos o proceso para a creación dun moi necesario centro de atención ás persoas maiores do Concello de Ames”, apuntou García. O rexedor tamén lle agradeceu a súa colaboración para chegar a este acordo aos párrocos locais, don José Luís Dorelle (párroco de Ortoño, Covas e Trasmonte), don José María Ripol (Ames, Tapia e Agrón) e don José Manuel Guldris (O Milladoiro e Biduído).

Para garantir a adecuada execución das actuacións previstas, o protocolo contempla a creación dunha Comisión de seguimento, composta por dous vogais representantes de cada parte que velará pola adecuada execución das actuacións previstas en dito protocolo e para resolver as dúbidas que poidan xurdir no tocante á súa interpretación e execución. Os vogais da Comisión de seguimento terán que designar entre eles a dous que desempeñen as funcións de presidente e secretario, cada un pertencente a unha representación diferente, que se alternarán nas súas funcións por períodos anuais.

Creación dun centro de atención a persoas maiores

O Arcebispado e o Concello comprométense a asinar antes do 30 de xuño de 2025 un contrato de alugueiro ou convenio por medio do que se articule a cesión de uso en favor do Concello de Ames, por un prazo de 29 anos dende a sinatura, da Casa reitoral de San Tomé de Ames, situada no lugar de Cruxeiras, xunto coas edificacións anexas e o predio do que forma parte, de 1.953 metros cadrados de superficie.

O Concello de Ames comprométese a rehabilitar a edificación, destinala a centro de atención a persoas maiores e en situación de vulnerabilidade e emerxencia social, habilitar un despacho para o párroco de Ames nas dependencias anexas á Casa reitoral e garantir o uso compartido do Arcebispado dunha sala na planta baixa da devandita Casa reitoral.

Ademais, o Concello e o Arcebispado comprométense a asinar antes do 30 de xuño de 2025 un contrato de compravenda a favor do Arcebispado dun terreo municipal de 327 metros cadrados, ocupado polas instalacións do cemiterio parroquial de Biduído, polo prezo de 10.598,18 euros.

O Arcebispado e o Concello comprométense a convir antes do 31 de decembro de 2026 un contrato por medio do que se articule a transmisión, en favor do Concello de Ames, dunha superficie de 1.928 metros cadrados do predio situado en Covas, que foi obxecto dun contrato de arrendamento o 14 de outubro de 1985. Tratase dunha superficie que foi cedida por un período de cen anos con destino a equipamento deportivo.

Creación dun espazo multifuncional en Trasmonte

Por outra banda, o Arcebispado e o Concello comprométense a convir antes do 31 de decembro de 2026 un contrato para a transmisión en favor do Concello de Ames da antiga Casa reitoral de Santa María de Trasmonte e a súa horta, de 1.715 metros cadrados de superficie, para destinar este inmoble a calquera outro servizo público competencia da Corporación. O Concello comprométese a solucionar a subministración de auga ao cemiterio e á igrexa parroquial de Santa María de Trasmonte.

Outro dos acordos, recolle a convir antes do 31 de decembro de 2026, un contrato ou convenio para a cesión en favor do Concello, por un período de 29 anos, do predio adxacente á Casa reitoral de Santa María de Trasmonte, de aproximadamente 12.285 metros cadrados, coa finalidade de que se utilice como elemento de apoio para as actividades de servizo público que se establezan en dita Casa reitoral.

Por último, recóllese convir antes do 31 de decembro de 2026, un contrato para a transmisión en favor do Arcebispado do predio municipal, situado na avenida de José Luís de Azcárraga, de 740 metros de superficie, sobre o que o Arcebispado construíu, entre os anos 1995 e 1997, a capela da Peregrina e que está destinada a equipamento relixioso.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%