Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 julio, 2025
Os concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira fanse valer de novo e solicitan unha resposta a altura das circunstancias por parte do goberno central despois da resolución chegada de Europa sobre a AP-9
Esta plataforma naceu o pasado 25 de febreiro para reclamar a constitución dunha mesa de traballo entre o Ministerio de Transportes e os concellos afectados polas altas tarifas da concesionaria da infraestrutura
Ames, 18 de xullo de 2025.- Concellos pola gratuidade da AP-9 piden acatar a resolución da Comisión Europea e liberalizar a autoestrada. Os concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira fanse valer de novo e solicitan unha resposta a altura das circunstancias por parte do goberno central despois da resolución chegada de Europa sobre a AP-9.
Esta plataforma naceu o pasado 25 de febreiro para reclamar a constitución dunha mesa de traballo entre o Ministerio de Transportes e os concellos afectados polas altas tarifas da concesionaria da infraestrutura. Xa pronunciou en abril sobre a esquilma que supoñen os máis de 210 millóns de beneficios recadados en 2024 por Audasa.
Os Concellos asinantes do manifesto instan ao goberno do estado a acatar a resolución europea contra a prórroga ilegal da AP-9 e situarse no lado correcto da historia. O actual goberno pode ser recordado como o executivo que liberalizou a AP-9 para todos os galegos e galegas ou que permitiu que Audasa se seguise lucrando de forma abusiva a costa deles.
Dende “Concellos pola gratuidade da AP-9” enténdese que se está nun momento histórico e que nunca houbo un respaldo legal e social tan contundente como nestes momentos para poder rectificar o erro histórico cometido no ano 2000 polo goberno popular de José María Aznar.
Audasa, 210 millóns en 2024 e 365 dende 2019
Audasa ten a concesión máis rendible de toda a Rede de Estradas do Estado, cuns beneficios que superan os 1.000 millóns en facturación total e, que só no 2024 chegaron ata os 2010. Dende o ano 2019 e cunha pandemia de por medio que freou o seu ritmo de facturación chegaron a facturar 365 millóns de euros.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)