AD

Actualidad

Condenado o porteiro dunha discoteca de Santiago por golpear a un cliente

today8 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, condenou ao porteiro dunha discoteca, como autor responsable dun delito leve de malos tratos en concurso ideal cun delito leve de lesións constitutivas de deformidade causadas por imprudencia menos grave, coa concorrencia da atenuante de dilacións indebidas, ao pagamento dunha multa de 1.080 euros por agredir a un cliente. Ademais, impúxolle o pago dunha indemnización á vítima de 10.147 euros. O tribunal considera probado que durante a madrugada do 31 de agosto de 2019 o porteiro requiriu ao denunciante para que saíse do local, ao queixarse unha camareira do seu comportamento, e acompañouno ata o exterior do establecemento.

Na sentenza os maxistrados explican que unha vez alí, estando ambos na beirarrúa contigua ao local, o cliente, que se atopaba “fortemente intoxicado polas substancias que inxerira esa noite”, tentou volver ao interior do establecemento, o que o acusado non lle permitiu. Ao insistir e facer o ademán de tentar entrar, o condenado, segundo a Sala, “propinoulle un empuxón non especialmente forte, pero que fixo que saíse impulsado cara atrás e retrocedese, cambaleándose ata caer sobre a calzada, por onde pasaba nese mesmo momento un vehículo”. A condutora, a pesar de frear rapidamente, non puido evitar atropelalo, segundo a resolución. Para a recuperación das lesións, a vítima requiriu 48 días, 10 dos cales estivo impedida para desenvolver a súa ocupación habitual e un deles foi de ingreso hospitalario. Como secuelas réstanlle, ademais da perda dunha peza dental e danos nos dentes, cicatrices no segundo dedo da man e na crista ilíaca esquerda.    

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%