AD

Actualidad

Coñecemos todos os detalles do Festival de A Ponte Vella de Teo: este venres ás 18h en Reis

today16 mayo, 2024

Background
share close
AD

Un ano máis, a Asociación Cultural «A Ponte Vella», no Concello de Teo, anuncia a volta do seu aclamado «Festival da Escola», un evento que destaca pola participación das escolas da asociación e que nesta ocasión conta coa presenza especial do grupo Asociación Cultural Sta. Columba de Ribadelouro, Tui. O festival está programado para o día 17 de maio ás 18:00h e terá lugar na súa sede na parroquia de Reis.

Este xoves, o director da área de baile, Javier Sanmartín López, compartiu os detalles deste esperado evento en Radio Líder Santiago. Durante a entrevista, destacou o labor da asociación na preservación da tradición musical e cultural, así como na promoción e defensa do galego. O traballo de investigación nas aldeas galegas para recoller e transmitir a herdanza da música e do baile tradicional galego é un dos aspectos que se reflicte na formación da escola desde a súas orixes no ano 1986.

O Centro Cultural “A Ponte Vella” nace por iniciativa dunha serie de veciños que motivados polo afer cultural das xentes do Concello que deciden constituirse como foco de cultura e saber popular, dando así a coñecer as raíces e o folclore do noso pobo mediante a formación do grupo de baile, “A Ponte Vella”, que dende entón ven realizando diferentes actuacións e mostras do noso folclore por todo o territorio galego, parte de España e os veciños Portugal e Francia.

No seu curriculum, destaca a participación no Festival Interceltique de Lorient (Francia) ou as Xornadas de Folclore Galego en Santiago de Compostela; contan con decenas de premios acadados en diferentes certames de baile e música tradicional nos últimos anos, grazas á gran labor que realiza o grupo coa escola, na que actualmente hai arredor dunhas 80 persoas.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%