Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 febrero, 2024
Este pasado luns, 12 de febreiro, o Concello de Ames constituíu o Consello de Administración da Empresa Pública da Auga de Ames. Deste xeito, dáse un novo paso para a posta en marcha deste novo servizo municipal que está previsto para comezos do mes de abril
Previamente, no pleno ordinario do pasado mes de maio de 2023 aprobouse a constitución da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL, que xestionará de xeito directo o servizo do ciclo integral da auga. No pleno ordinario de xullo do pasado ano tamén foi aprobado o regulamento de xestión do Ciclo Integral da Auga
Blas García dixo que “este 12 de febreiro de 2024 é un día importante para o noso concello, case o podíamos definir como histórico. A razón non é outra que a constitución do Consello de Administración da Empresa Pública da Auga de Ames. Despois de moito traballo e moitos trámites administrativos chegamos á constitución formal, que terá como data de comezo do servizo o 1 de abril”
Ames, 14 de febreiro de 2024.- Este pasado luns, 12 de febreiro, o Concello de Ames constituíu o Consello de Administración da Empresa Pública da Auga de Ames. Deste xeito, dáse un novo paso para a posta en marcha deste novo servizo municipal que está previsto para comezos do mes de abril. Previamente, no pleno ordinario do pasado mes de maio de 2023 aprobouse a constitución da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL, que xestionará de xeito directo o servizo do ciclo integral da auga. No pleno ordinario de xullo do pasado ano tamén foi aprobado o regulamento de xestión do Ciclo Integral da Auga.
O alcalde de Ames, Blas García, dixo que “este 12 de febreiro de 2024 é un día importante para o noso concello, case o podíamos definir como histórico. A razón non é outra que a constitución do Consello de Administración da Empresa Pública da Auga de Ames. Despois de moito traballo e moitos trámites administrativos chegamos á constitución formal, que terá como data de comezo do servizo o 1 de abril”.
Ademais, lembrouse de “persoas tan importantes en todo este proceso como o anterior alcalde, Jose Miñones, e a anterior concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, por todo o traballo feito, pero tamén a insistencia de concelleiros e concelleiras como Quique Costas, Pilar Candocia e Chus Boo. A verdade é que foi máis tarde do esperado, pero estamos dando o primeiro paso na municipalización dalgún dos servizos, e non vai a ser o último, porque pretendemos municipalizar máis servizos”.
O Consello de Administración da entidade pública empresarial Augas de Ames renovarase cada mandato. Na actualidade está formada por catro edís do grupo municipal do PSdeGPSOE (Blas García, Susana Señorís, Víctor Fernández e Gustavo Nieto), tres concelleiros/as do grupo municipal do Partido Popular (Oliva Agra, Pablo Beiroa e José Ramón Oulego), dous/dúas edís do grupo municipal BNG (Natividade González e Alexandre Espinosa), e unha concelleira do grupo municipal de Espazo Común (Luísa Feijóo). Ademais, no Consello de Administración hai un/unha representante das asociacións veciñais, escollido por parte das asociacións (Lino Berdullas, da Asociación Veciñal de Tapia); e un/unha representante da propia empresa pública, que será designado no momento no que dita empresa comece a funcionar.
Dita empresa pública estará formada por 16 traballadores/as, que serán subrogados da actual concesionaria Espina y Delfín. Na actualidade estase realizando o proceso de traspaso de infraestruturas, persoal e competencias da actual concesionaria do servizo á empresa pública.
Cómpre destacar que as principais vantaxes de que o servizo do ciclo integral da auga sexa xestionado por unha empresa pública son: a transparencia, xa que o Concello disporá de xeito directo todos os datos e información relativa a dito servizo; a proximidade co cidadán; a maior sensibilidade social; a maior participación cidadá; o incremento de empresas complementarias que ofrecerán servizos á empresa pública; e que se ofrecerá un servizo público sin ánimo de lucro, xa que as empresas privadas concesionarias de dito servizo teñen como obxectivo a rendibilidade económica.
Aprobación da constitución da EPEL
Como paso previo á constitución do Consello de Administración da Empresa Pública da Auga de Ames, no pleno ordinario do pasado mes de maio de 2023 aprobouse a constitución da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL, que xestionará de xeito directo o servizo do ciclo integral da auga.
En dito pleno tamén se aprobaron os estatutos que rexerán esta entidade pública empresarial; adscribir a entidade pública empresarial ás instalacións e bens que figuran no inventario municipal; subrogar o persoal que procede da actual concesionaria Espina y Delfín (son 16 empregados/as); e clasificar a entidade pública Augas de Ames EPEL no grupo dous de acordo á disposición adicional 12 da lei 785 reguladora das bases de réxime local.
Cómpre lembrar tamén que o Pleno do Concello de Ames aprobou na sesión ordinaria do mes de abril de 2023 a memoria xustificativa e o modelo do sistema de xestión do Ciclo Integral da Auga, que pasa a ter unha xestión directa a través dunha entidade pública empresarial local (EPEL).
Por último, hai que destacar que no pleno ordinario de xullo de 2023 a Corporación municipal aprobou por unanimidade o regulamento do servizo municipal de abastecemento de agua, potable, saneamento e depuración do Concello de Ames.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)