Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O luns 29 e o martes 30 de abril, o Camiño dos Vilares quedará cortado ao tráfico no tramo comprendido entre os cruzamentos desta vía coa rúa Camiños da Vida e coa rúa do Río, por mor das obras de fresado e aglomerado que se van realizar na súa calzada.
O corte será efectivo desde as 08:00 horas do luns ata as 20:00 horas do martes e permitirase o paso de residentes.
O desvío alternativo a este corte farase a través da rúa de Xosé Chao Rego e da rúa do Río, para enlazar de novo co Camiño dos Vilares.
Transporte urbano
Durante a duración das obras a liña 8 realizará o desvío seguinte:
*Liña 8 de Vidán a Camiño dos Vilares ou Tanatorio:
Despois da parada en Camiño dos Vilares nº 36, desviarase pola rúa Camiños da Vida, Manuel María e rúa do Río, retomando o itinerario no cruce entre a rúa do Río e o Camiño dos Vilares.
Quedarán suprimidas as paradas: (149) Camiño dos Vilares nº 88 e (141) Camiño dos Vilares, Follas Novas.
*Liña 8 de Camiño dos Vilares ou Tanatorio a Vidán:
Desde a rúa do Río, desviarase por Manuel María e Camiños da Vida, retomando o itinerario no cruce entre esta rúa e o Camiño dos Vilares.
Quedarán suprimidas as paradas: (531) Rúa do Río nº 60, (145) Camiño dos Vilares nº 133 e (144) Camiño dos Vilares nº 103.
O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
Written by: Líder Redacción
camiño dos vilares compostela obras peche radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)