Imagen: Google
A partir deste luns 22 de abril o Concello de Santiago realiza os traballos de reparación da calzada da rúa de San Clemente. As obras executaranse en dúas fases que provocarán os seguintes cambios na circulación:
1ª fase (22 ao 29 de abril)
Desde o luns 22 ata o luns 29 de abril, o corte afectará á baixada da rúa de San Clemente. Dende a rúa do Pombal poderase acceder ao estacionamento en superficie do Campo de San Clemente e tamén e ao garaxe privado do número 32 desta rúa. O corte será total a partir da entrada peonil do IES San Clemente.
A entrada á praza de Rodrigo de Padrón para o servizo do parking, Correos, Policía Nacional e IES Rosalía, farase a través da avenida de Figueroa, que será de dobre sentido de circulación mentres duren as obras. Para isto trasladarase a parada de taxis á avenida de Xoán Carlos I, que compartirá o espazo co estacionamento de motos, e a carga e descarga existente para a propia praza de Rodrigo de Padrón.
A rampla que une a rúa de San Clemente coa praza Rodrigo de Padrón invertirase, pasando a ser de baixada exclusivamente para os usuarios do garaxe situado no número 10 da rúa de San Clemente, realizando a saída a través da rúa de Trinidade.
Da mesma maneira poderán utilizar esta rampla os residentes da rúa da Trinidade e da avenida de Raxoi, utilizando a plataforma de acceso ao parking como zona de manobra para poder entrar.
2ª fase (29 abril ao 6 de maio)
De luns día 29 de abril ao luns 6 maio as obras afectarán o tramo de subida de San Clemente á praza Rodrigo de Padrón. A rampla quedará cortada completamente ó tráfico.
Nesta fase o acceso á praza de Rodrigo de Padrón continuará realizándose dende a avenida de Figueroa.
Nesta semana permitirase o acceso á rúa de San Clemente só aos seus residentes e aos das rúas de Trinidade e da avenida de Raxoi. Do mesmo xeito, permitirase o acceso aos usuarios do aparcadoiro soterrado, facendo a saída por Rodrigo de Padrón.
Comentarios de las entradas (0)