AD

Actualidad

Creativas Galegas distingue o traballo da Asociación Avante coas persoas con discapacidade no rural

today16 julio, 2024

Fondo
share close
AD

Falamos en Radio Líder Santiago con Soledad Mato de Creativas Galegas e Gabriel Gothlin, director da Asociación de Persoas con Discapacidade Avante, protagonistas do mes de xullo da campaña 12 Comercios 12 Sensibilidades. A Asociación de Persoas con Discapacidade Avante, que traballa na zona rural, é a protagonista este mes, xunto con Creativas Galegas (Rúa Caldeirería, 36), do programa municipal ‘12 comercios, 12 sensibilidades’, promovido dende as concellarías de Dereitos e Servizos Sociais e Promoción Económica, lideradas pola edil María Rozas.

O representante de Avante lembrou que son unha asociación que ten usuarios de 9 concellos rurais e que realiza cada día “500 quilómetros para o transporte destas persoas”. Uns usuarios que durante estes días levarán a cabo no espazo de Creativas Galegas obradoiros de coiro.

Soledad Mato, de Creativas Galegas destacou que asociacións coma Avante o teñen máis difícil que outros centros máis grandes ou os ubicados en zonas urbanas. Desta maneira, Mato quixo poñer en valor o traballo loxístico que entidades coma Avante teñen que levar a cabo no rural galego para poder atender as demandas de usuarios de diversos municipios.

Ata este domingo 21 de xullo pódese visitar a exposición e venda de produtos elaborados por usuarios e usuarias da asociación. E este mércores 17 de xullo ás 19.00 h desenvolverase unha mesa redonda para falar sobre a realidade que viven día a día as persoas que están involucradas neste proxecto tan necesario.

Facer visibles para o conxunto da cidadanía os proxectos solidarios, así coma as iniciativas de comercio local, é a meta de ‘12 comercios, 12 sensibilidades’ que o Concello de Santiago pon en marcha durante este 2024. Unha idea que xurdira dun grupo de formación que en 2019, na Cámara de Comercio de Santiago, deu pé á creación dun grupo de traballo que busca promover a economía circular. Unha iniciativa coa que está a colaborar Radio Líder Santiago.

O colectivo está integrado por 12 mulleres que rexentan outros tantos comercios de diversos sectores e que se definen unidas pola empatía, resiliencia e sensibilidade social, firmemente convencidas de que a través dos nosos espazos podemos dar voz a asociacións que, cos seus proxectos solidarios, melloran a vida de moitas persoas e fan que as cidades sexan máis humanas.

Até o de agora conviviron os proxectos Águila Atlántica e Fundación Pictoaplicaciones, durante o mes de xaneiro; a xoiería José Antonio e Solidaridade Internacional Galicia, no mes de febreiro; a tenda Naf e o programa Vagalume, en marzo; o Centro Deportivo Atmósfera e mais ACEM (que traballa con persoas migrantes e refuxiadas), en abril; durante o mes de maio a Papelaría Xaquín e Agadea (asociación centrada no Alzheimer); e La Tienda de María e Acougo (Asociación de Familias de Acollida) o mes pasado.

Quedan por diante Maravalla e o Refuxio de Bando, en agosto; Cousas do Campo e Daqui Darrederee, en setembro; a xoguetaría EscondiT e a Obra Social de Pediatría, en outubro; María Brey Deseño e a Cociña Económica no mes de novembro; e QuenllaSCQ e lasolvidadas.org, para despedir o ano.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%