AD

Actualidad

Dende este luns facilítanse os desprazamentos de Santiago ata o lugar da Agrela (Teo)

today26 abril, 2024

Fondo
share close
AD

A Xunta optimiza dende este luns os horarios dos servizos para facilitar os desprazamentos de Santiago de Compostela ata A Agrela, na parroquia teense de Lampai.

Tras analizar a petición do Concello de Teo na que propuña un atraso de 15 minutos no servizo con saída da Ramallosa ás 21,30 horas e destino O Espiño, o Goberno galego decidiu emprender estes cambios co obxectivo de mellorar as condicións de mobilidade das persoas usuarias.

Así, dende este luns 29 de abril, a expedición da liña O Espiño-A Ramallosa, operativa de luns a venres, pasará a saír ás 21,45 horas da Ramallosa, permitindo así ás persoas usuarias do servizo da liña A Estrada E.A. – Montouto – Santiago E.I., con saída ás 21:15 horas de Santiago E.I. e hora de paso pola Ramallosa ás 21,31 horas, contar con maior marxe temporal para poder realizar o transbordo.

Deste xeito, o Goberno galego completa a resposta ao conxunto de peticións trasladadas polo Concello e a veciñanza de Teo, ampliando a cobertura do transporte público a máis localidades e adecuando con maior precisión os horarios dalgúns servizos.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%