AD

Actualidad

Denuncian a apertura dun casino ‘camuflado’ como bar ao lado dun colexio en Santiago

today19 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

A Asociación Veciñal Raigame alertou da colocación dunha lona anunciando a próxima apertura de Tiger Gaming no número 11 da rúa Fernando III o Santo, en Santiago de Compostela. Segundo explican, a empresa tería solicitado unha licenza de bar, mais a imaxe empregada —cun tigre e a marca “Gaming”— e a publicidade difundida fan sospeitar que se trata en realidade dun local vinculado ao xogo online.

A instalación está situada xusto ao lado dun centro educativo, algo que incrementa a preocupación das familias e da veciñanza, que consideran “especialmente grave” a posible presenza dun negocio relacionado co xogo tan preto dun espazo escolar.

Raigame reclama ao Concello que aclare de inmediato a actividade real solicitada, que verifique se existe algún intento de encubrir un negocio de azar baixo outra licenza e que actúe “confirmando ou denegando” a apertura para evitar riscos para a mocidade do barrio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *