AD

Actualidad

Dodro entrega o premio Eusebio López Baleirón

today18 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

O Autor Manuel López Rodríguez, gañador con “As palabras do sur” participou nun acto que congregou numero público e autoridades

O Concello de Dodro conmemorou o Día das Letras Galegas coa presentación da obra «As palabras do sur» de Manuel López Rodríguez, gañadora do certame poético Eusebio Lorenzo Baleirón no ano 2023.

No acto, presidido polo alcalde de Dodro Francisco Xabier Castro Tourís, interviñeron o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín Gómez, o autor do poemario e Antón Lopo, escritor e representante da editora Chan da Pólvora, responsable da publicación do libro. O evento convocou autoridades, persoeiros da cultura e veciños que desfrutaron dun encontro amenizado pola música e poesía.

O compromiso do Concello de Dodro coa defensa da lingua e cultura galega ten no premio Eusebio Lorenzo Baleirón a súa máxima expresión. Certame que, con trinta e seis anos de traxectoria, é un dos máis antigos de Galicia, dedicado ao poeta dodrense referente da creación lírica nas nosas letras.

O alcalde de Dodro, Xabier Castro Tourís, aproveitou esta celebración para recordar que o municipio e o goberno local seguirán loitando ata que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras Galegas a Eusebio Lorenzo Baleirón como digno recoñecemento o seu traballo e contribución a nosa lingua.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%