AD

Destacado

Falece Juan Castro, presidente da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla, aos 55 anos

today30 enero, 2025

Fondo
share close
AD

A Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla comunicou este xoves a triste noticia do falecemento de Juan Manuel Castro Fernández, presidente da súa Escola de Música, aos 55 anos de idade. A súa perda deixa un gran baleiro na comunidade musical e en todos aqueles que o coñeceron e compartiron con el momentos inesquecibles.

Popularmente coñecido como o pianista, Juan Castro era unha presenza constante nos ensaios e actuacións da Banda, sempre sentado detrás do piano, a pesar de nunca tocar un instrumento. A súa paixón pola música e o seu compromiso coa Escola fixérono unha figura clave dentro da agrupación, sendo un exemplo de dedicación e entrega desinteresada.

A Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla destacou o seu traballo incansable ao fronte da Escola, colaborando en todo o necesario e mantendo sempre unha actitude de apoio e impulso á formación musical. “Hoxe perdemos a unha persoa moi especial para nós, desas que deixan unha gran pegada sen pedir nada a cambio”, expresaron nun emotivo comunicado.

A noticia causou unha profunda conmoción entre os membros da Banda e da Escola de Música, así como entre amigos e coñecidos, que lembran con cariño a súa xenerosidade, a súa constante presenza e o seu amor pola música.

O velatorio de Juan Castro terá lugar no salón multiusos do tanatorio de San Mamed, en Vedra, mentres que os oficios fúnebres serán este venres ás 16:45 horas na igrexa parroquial de Santa Cruz de Ribadulla.

D.E.P.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *