AD

Actualidad

Fusión de concellos, unha alternativa para afrontar os retos do rural galego

today8 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

No ano 2015, os concellos de Cerdedo e Cotobade tomaron un paso ousado ao fusionarse nun esforzo por loitar contra os desafíos que afronta o rural galego. Coa unión, naceu Cerdedo-Cotobade, unha nova entidade municipal con máis de 5.800 habitantes e un presuposto ampliado, permitíndolle incluso reducir impostos. Esta fusión, a última realizada en Galicia, seguiu os pasos doutras unións, como a de Cesuras e Oza dos Ríos en 2012, coa denominación futura de Oza-Cesuras.

Nas últimas semanas, o tema da fusión de concellos volve á palestra política galega. Membros do PP defenden esta medida como parte da solución á infrafinanciación dos municipios, destacando os beneficios observados en fusións anteriores. Pola súa banda, o BNG mostra escepticismo e prefire unha xestión descentralizada e adaptada á realidade local. Pola súa banda, o PSdeG non se manifestou nin a favor nin en contra desta decisión que podería afectar xa de facto a varios concellos.

Segundo trascende este días en varios xornais galegos, hai conversas de posibles fusións futuras entre os concellos de Santiso e Toques, así como o de Boqueixón co de Santiago de Compostela, todos eles na provincia da Coruña. Mentres algúns ven nas fusións unha oportunidade para consolidar recursos e eficiencia, outros pregúntanse sobre a verdadeira efectividade desta medida nunha Galicia que enfronta os retos do rural.

Nunha entrevista recente no El Correo Gallego, o alcalde de Boqueixón (4146 hab.), Ovidio Rodeiro, afirmou que a fusión con Compostela, da que xa se ven falando dende o ano 2012, «non se contempla nin a curto nin a medio prazo». Doutra banda, o envellecemento da poboación ten paralizada a fusión entre os concellos de Santiso e Toques, segundo destaca La Voz de Galicia. No caso de Toques, este municipio conta con pouco máis de 1.000 habitantes, dos que un 37 % son maiores de 65 anos. A realidade do Concello de Santiso é similar, neste caso con 1473 persoas censadas, moitas delas xa superan a idade da xubilación.

O certo é que Galicia conta na actualidade con preto de 30.000 núcleos de poboación, casi 3.800 parroquias, 314 concellos, 53 comarcas y catro provincias, cun debate sobre a organización territorial que está aberto dende hai anos. Ademais hai 31 concellos que non superan os 1.000 habitantes, constituíndo os municipios máis pequenos en termos de poboación. Estes concellos son Negueira de Muñiz con 219 habitantes, A Teixeira con 339, Beade con 411, Larouco con 472, Chandrexa de Queixa con 494, Ribeira de Piquín con 554, Vilariño de Conso con 558, San Xoán de Río con 561, Pontedeva con 570, Parada de Sil con 593, Quintela de Leirado con 615, Mondariz-Balneario con 627, Muras con 648, Triacastela con 658, Punxín con 713, Xunqueira de Espadanedo con 756, Montederramo con 760, Gomesende con 778, Os Blancos con 812, Calvos de Randín con 818, Lobeira con 825, Porqueira con 848, Vilar de Santos con 850, Manzaneda con 906, A Veiga con 907, Petín con 921, O Bolo con 938, Verea con 956, Baltar con 957, Ribas de Sil con 980 e Beariz con 982.

Aínda que hai incentivos da Xunta e de Facenda, ningún outro concello galego emulou polo de agora a fusión de Oza-Cesuras ou Cerdedo-Cotobade. A nova lexislatura será clave para reorganizar o territorio, buscando aforrar custos e mellorar servizos para os cidadáns.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%