Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Luis López asistió ao pleno extraordinario de toma de posesión de Gonzalo Louzao como novo alcalde da Estrada
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este sábado ao pleno extraordinario de toma de posesión de Gonzalo Louzao como novo alcalde da Estrada, en substitución do exdeputado provincial Jose López, que xa exerce como conselleiro de Cultura, Política Lingüística e Xuventude da Xunta de Galicia.
O mandatario provincial presenciou, nun acto no que tamén estivo presente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como Jose López facía entrega do bastón de mando ao novo rexedor. Logo, Gonzalo Louzao pronunciou o seu primeiro discurso como alcalde da Estrada.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)