AD

Actualidad

Gran fin de semana para un Compostela Esgrima en plena forma

today18 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

O Club Compostela Esgrima viviu outra gran fin de semana competitiva, con presenza destacada en dúas frontes: a División IV da Liga Nacional de Equipos en Madrid e o Torneo Ranking Regional de Tordesillas, organizado pola Federación de Castela e León.

Na Liga Nacional por equipos, o Compos presentou dous conxuntos. O Compos 1 debutou con pleno de vitorias, mostrando un excelente nivel. Impuxéronse con solvencia ao Granada por 45-25 e ao Cardenal Cisneros madrileño por 45-23. O último duelo, fronte ao Club Acero de Cáceres, foi moito máis axustado, resolvéndose cun 45-43 nun final de máxima tensión que pechou con éxito Jorge Pazó. Xunto a el competiron Bieito Romero, Mateo Rodríguez e Adrián Penido, co obxectivo posto en acadar o número 1 do grupo e optar ao ascenso á División de Bronce.

Pola súa banda, o Compos 2, formado por Ramón Rey, Hugo Voyneau, Abraham Castro e Luca Puddu, tivo unha xornada máis complicada. Caeron fronte ao Bahía de Cádiz (33-45), ante o valenciano Jaume I (29-45) e no duelo máis axustado, fronte ao Tenerife (41-44). Con tres zurdos e un diestro, e con tres debutantes en competición estatal, o equipo busca coller experiencia e seguir medrando.

A actividade non rematou en Madrid: os oito tiradores aproveitaron a viaxe para competir ao día seguinte no Ranking Regional de Tordesillas. A experiencia resultou moi positiva, con tres compostelanos accedendo ao cadro final de 8, ás portas das medallas. O mellor clasificado foi Jorge Pazó, que caeu ante De los Mozos (Burgos) e rematou . Xusto detrás quedaron Mateo Rodríguez, derrotado por Del Torno (Burgos) e , e Ramón Rey, que perdeu ante Barbero (Palencia) e concluíu .

A competición rematou coa vitoria de Juan Pérez Weber, do Valladolid.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *