AD

Actualidad

Habilítase un campo de lanzamento en Ventín para a práctica do atletismo

today3 julio, 2024

Fondo
share close
AD

O alcalde de Ames, Blas García, destacou «é unha alegría ver rematado este campo de lanzamento polo que tanto ten loitado o Goberno municipal, e que tanto tempo levan reclamando os dous clubs de atletismo do noso concello. Non imos parar aquí; a intención é seguir traballando para ampliar e mellorar estas instalacións, e para impulsar a práctica do atletismo entre os veciños e veciñas, incluíndo entre outras cousas unha zona de salto e outra de carreira”

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, incidiu en que “apostamos polo atletismo da man dos nosos clubs. Tanto o MillaRaio como o Ames Atletismo teñen cada vez máis atletas, e precisaban de novas instalacións para atender esa demanda. Desde o comezo do proxecto ata a súa conclusión o camiño foi duro, pero agora é unha alegría ver o resultado de tanto esforzo”

David García, do club Ames Atletismo, explicou que “este é un paso adiante moi importante para o atletismo no concello, que nos facilitará sobre todo os adestramentos. É o primeiro centro de lanzamentos de Galicia, e o seguinte paso será contar cun centro de tecnificación e converter esta pista nun centro para competicións de lanzamento a nivel galego”

Joao Fernández, do club de atletismo Millaraio, dixo “dende o MillaRaio levamos moito anos agardando por esta actuación e por fin agora temos unhas instalacións axeitadas para a práctica do atletismo. Están pensadas principalmente para as disciplinas de lanzamento, pero dispón tamén de instalacións que se poden aproveitar para realizar adestramentos de forma xeral”

Ames, 2 de xullo de 2024.- Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, visitaron o novo campo de atletismo que se habilitou en Ventín. Estiveron acompañados polos técnicos do departamento municipal de Deportes e por representantes dos clubs de atletismo do concello; David García, do club Ames Atletismo e Joao Fernández, do club de atletismo MillaRaio. Dito proxecto, que estaba incluída no Plan Ames Progresa 2021 – 2023, foi adxudicado á empresa Jardinería Arce SL por un importe de 247.498,87 euros (IVE incluído). Deste xeito, o antigo campo de fútbol de Biduído foi adaptado como campo de lanzamento para a práctica do atletismo. Tratábase dun antiga demanda dos clubs de atletismo do concello. Entre ambos clubs dispoñen de máis de 200 nenos e nenas que practican diversas disciplinas de atletismo.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou «é unha alegría ver rematado este campo de lanzamento polo que tanto ten loitado o Goberno municipal, e que tanto tempo levan reclamando os dous clubs de atletismo do noso concello. Non imos parar aquí; a intención é seguir traballando para ampliar e mellorar estas instalacións, e para impulsar a práctica do atletismo entre os veciños e veciñas, incluíndo entre outras cousas unha zona de salto e outra de carreira. O obxectivo é converter Biduído nun centro de referencia no ámbito do atletismo para a comarca, a provincia, e mesmo para toda Galicia”.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, incidiu en que “apostamos polo atletismo da man dos nosos clubs. Tanto o MillaRaio como o Ames Atletismo teñen cada vez máis atletas, e precisaban de novas instalacións para atender esa demanda. Desde o comezo do proxecto ata a súa conclusión o camiño foi duro, pero agora é unha alegría ver o resultado de tanto esforzo. Oxalá estas instalacións poidan ser unha referencia nas distintas disciplinas do atletismo. Trataremos se continuar mellorando este espazo deportivo”.

Campo de lanzamento para a práctica do atletismo

A parcela do antigo campo de fútbol do Biduído foi adaptada como campo de lanzamento para a práctica do atletismo por un importe de preto de 250.000 euros. O proxecto foi adxudicado na Xunta de Goberno Local do pasado 1 de decembro á empresa Jardinería Arce SL por un importe de 247.498,87 euros (IVE incluído). As parcelas do antigo campo de fútbol de Biduído xa estaban sendo empregadas polos club de atletismo do concello para a práctica de varias disciplinas deportivas de atletismo. O primeiro en executarse foi  a gaiola de lanzamento de disco/martelo.

Agora, a través de dita actuación executouse un corredor de lanzamento de xavelina e dun círculo de lanzamento de peso, cos seus correspondentes sectores de caída. O corredor de lanzamento de xavelina construíuse de xeito paralelo á gaiola de lanzamento de disco/martelo existente, de forma que os sectores de caída dunha e outra disciplina poden ser compartidos. Dito corredor está composto por un corredor de lanzamento, arco límite e sector de caída da xavelina.

O círculo de lanzamento de peso dispón dun sector de caída do artefacto con pavimento de arena e sub-base drenante, delimitando dito sector con borde de formigón prefabricado. Ademais, executáronse gabias drenantes en forma de espiña de pez que garanten unha drenaxe eficaz do terreo de xogo.

A través desta actuación tamén se realizou unha mellora dos accesos e dos vestiarios da instalación. Ademais, colocouse un novo portal metálico de porta corredoira para acceder a ditas instalacións. O pavimento dos accesos executouse con formigón e tamén se realizaron traballos de mantemento no soportal exterior existente e nun dos locais de almacenaxe de material deportivo.

Ames Atletismo

David García, do club Ames Atletismo, explicou que “este é un paso adiante moi importante para o atletismo no concello, que nos facilitará sobre todo os adestramentos. É o primeiro centro de lanzamentos de Galicia, e o seguinte paso será contar cun centro de tecnificación e converter esta pista nun centro para competicións de lanzamento a nivel galego. Nós levamos cinco anos adestrando nestas instalacións, pero agora con esta reforma queda un espazo espectacular. Agardamos que no futuro se poida executar unha segunda fase par ampliar estas instalacións”.

“No Ames Atletismo temos 116 licenzas federativas. Se incluímos as actividades que impartimos nos centros educativos sumamos máis de 150 rapaces e rapazas facendo atletismo dentro do noso club. Dispoñemos de categorías dende sub 8 ata sub 23 e máster. O que nos dá máis satisfacción é que de sub 14 para diante temos atletas en todas as disciplinas do atletismo, iso para o noso club é un orgullo”.

Club de atletismo MillaRaio

Por outra banda, Joao Fernández, do club de atletismo Millaraio, dixo “dende o MillaRaio levamos moito anos agardando por esta actuación e por fin agora temos unhas instalacións axeitadas para a práctica do atletismo. Están pensadas principalmente para as disciplinas de lanzamento, pero dispón tamén de instalacións que se poden aproveitar para realizar adestramentos de forma xeral. As instalacións que temos na comarca son moi limitadas, polo que agardamos poder empregar este espazo”.

“É importante dispor destas instalacións porque temos atletas de moi alto nivel, que xa competiron en citas nacionais, e sempre tivemos que emigrar a outras zonas para adestrar e competir. Por iso é unha alegría contar a partir de agora con estas instalacións para poder desfrutar do noso deporte no noso concello. Actualmente temos entre 100 e 110 atletas. A maioría son nenos e nenas. O club dispón de atletas ata a categoría sub 18 e despois temos un convenio co club Atletismo Santiago, porque este club de Santiago de Compostela non dispón de categorías inferiores a sub 16, co cal é un xeito de complementarse entre os dous clubs”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%