AD

Actualidad

Homenaxe ao persoal xubilado do Concello de Santiago

today19 diciembre, 2023

Background
share close
AD

 

 

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, agradeceu ao persoal municipal que se xubila este ano os seus anos de traballo ao servizo do Concello e da cidade nun acto no Salón Nobre do Pazo de Raxoi no que estivo presente a Corporación municipal case ao completo.

A alcaldesa e os concelleiros e concelleiras fixeron entrega dunhas placas ao persoal xubilado que asistiu ao acto en recoñecemento á súa dedicación e esforzo. Goretti Sanmartín agradeceu aos/ás homenaxeados/as o seu traballo e esforzo de todos estes anos «ás veces non o suficientemente valorado» e recordou que «non hai programa de Goberno municipal que poida funcionar sen a implicación do persoal municipal». A rexedora tamén quixo ter un lembranza para ra Amalia Seoane, compañeira falecida este ano, e dedicou unha mención especial a Belén Sixto «que foi a primeira muller policía da cidade, que hoxe xa se xubila».

Os xubilados e xubiladas deste ano son: Manuel Castro Berdullas, Mª José Vázquez Lorenzo, Mª Teresa Pérez Ruibal, Teresa Marzoa Rey, Javier Porto Becerra, Pilar Pérez Rey, Jesús Porto Ferreiro, Francisco Javier Picón Picallos, Abelardo Painceira Aneiros, Mª Belén Sixto Santos, Manuel Seoane García, Jorge Berdullas del Río, Jesús Martínez Asorey, Marcelino González Rey, Álvaro Iglesias Vila, Manuel Segade Otero, Manuel Suárez Liñares, Inmaculada Peleteiro Rodríguez, Teresa López De Rego Sánchez, Isabel Valiño Lopez, Francisco Javier Luaces Anca e José Manuel Rodríguez Uzal.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%