Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 abril, 2024
Foto: Protección Civil de Teo
Axentes do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil recuperaron esta mañá no río de Santa Lucía o cadáver dun veciño de Teo que estaba desaparecido desde o venres e cuxo dispositivo de búsqueda se activou ás 20.00 horas de onte.
Dende o primeiro momento, o operativo centrouse nas inmediacións dese río, un afluente do Ulla, no que supostamente caera. As tarefas de búsqueda tiveron que interromperse ao caer a noite e reanudáronse ás 8.00 horas deste sábado.
O corpo foi localizado no marxe do río preto da ponte. No dispositivo de búsqueda participaron axentes da Garda Civil de Milladoiro, Protección Civil e Policía Local de Teo.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)