AD

Actualidad

Masiva asistencia de criadores e público á Feira Cabalar de Pascua

today31 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Masiva asistencia de criadores e público a cita de Padrón, con presencia de tratantes de León e Valencia

O presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego destaca a aposta da xente pola Pascua e a alta participación

Constantino Latas levouse o premio ao mellor exemplar dos concursos morfolóxico con HDM Mariachi, un exemplar de pura raza árabe

O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Chus Campos entregaron os premios

Os padroneses Héctor Domínguez e José Manuel Abal Gestoso gañaron nas categorías de poldras e poldros de pura raza árabe

Padrón. 31-3-2024.- A Feira Cabalar de Pascua sigue tendo tirón en toda Galicia. Hoxe,
centos de criadores procedentes de toda a comunidade autónoma e tratantes de León e
Valencia, déronse cita na feria, que ten máis de trescentos anos de historia. “A xente
aposta pola Pascua, que sigue tendo moito tirón”, asegurou o presidente da Asociación
Pura Raza Cabalo Galego, Jacobo Pérez Paz, quen puxo en valor a alta participación nos concursos morfolóxicos e a presencia de nenos de 5 e 6 anos que se animaron a presentar
cabalos nas seccións oficiais do concurso.
Constantino Latas (O Corgo, Lugo) foi o gañador do Gran Premio Concello de Padrón ao mellor exemplar que participou nos concursos morfolóxicos. O seu cabalo de pura raza árabe HDM Mariachi gañaou este premio, ademais de ser o mellor exemplar na súa categoría.

No caso de poldros e poldras menores de tres anos de pura raza árabe, os gañadores das
dúas seccións foron os padroneses Héctor Domínguez e José Manuel Abal Gestoso. David
Lamas Mourelos levou o segundo premio en poldros.

O concurso morfolóxico, organizado polo Concello de Padrón en colaboración coa Asociación Pura Raza Cabalo Galego, xuntou en Padrón a setenta cabalos e eguas que competiron nas diferentes categorías. Jacobo Pérez destacou a alta participación e o feitode que, “salvo un par de baixas”, asistiron todos os exemplares preinscritos. “Esto
demostra que a Feira Cabalar ten tirón e cada ano recupera máis o seu explendor”.

Pérez Paz tamén puxo en valor que houbese nenos de 5 y 6 anos que se animaran a presentar cabalos nas seccións oficiais da competición. Un deles incluso levou o terceiro premio en dito concurso. Este ano houbo un apartado no que participaron seis ponis, cinco deles presentados por menores de idade. “Ademais dos dous anteriores había tamén aquí unha nena de tres anos”, dixo Jacobo Pérez, amosando a súa convicción de que isto axuda a garantir que a tradición e o amor polos cabalos se manteña en Galicia.

A tradicional Feira Cabalar que se celebra o Domingo de Pascua no Campo da Barca de Padrón volveu superar expectativas e xuntou a centos de criadores e milleiros de persoas que se achegaron de toda Galicia. Entre eles había tamén profesionais (tratantes) procedentes de León e Valencia, que non quixeron perderse a feira padronesa.

Clasificacións concursos morfolóxicos

Polo que respecta aos concursos morfolóxicos, o Concello de Padrón repartiu 3.370 euros en premios entre os setenta animais participantes. Algunhas das probas son puntuables para a Copa Galicia de Pura Raza Galega.

As clasificacións nas diferentes seccións quedaron do seguinte xeito:

Cabalos Pura Raza Galega

1.- Gali de Oza, de Lino Freire, de Oza Cesuras
2.- Macareno, de Adrián Martínez Oreiro, de Vimianzo
3.- Sacristán, de Brais Canosa Rodríguez, de Vimianzo
4.- Domingo de Boimente, de Adrián Mariño Salgueiro, de Viveiro

Eguas PRG

1.- Tamaga, de Lino Freire, de Oza Cesuras
2.- Pitufina do Celta, de Adrián Mariño Salgueiro, de Viveiro
3.- Dana, de Lino Freire, de Oza Cesuras
4.- Gala de Oza, de Lino Freire, de Oza Cesuras

Cabalos cruzados

1.- Iván, de Nicolás Arnoso García, de Vilarmaior
2.- Roncero TM, de Miguel Touceda, de Valga
3.- Gitano, de Ismael Rivas
4.- Vanidoso, de Serafín Touceda, de Valga

Eguas cruzadas

1.- Elektra, de Luis David Freiría
2.- Gala MR, de Ganadería Miguez, de Val do Fibra
3.- Nica, de Jaime Adán Puga, de Lalín
4.- Peña, de Laura González Rozada, de Trazo

Ponis

Participaron seis exemplares, cinco deles presentados por menores de idade (tres deles unha nena de 3 anos, e dous nenos de 5 e 6 anos). Concedeuse un premio Exaequo e levaron medalla todos os participantes.

Poldras de Pura Raza Árabe

1.- India PG, de Héctor Domínguez, de Padrón
2.- Saraiba DR, de Víctor Duarte
Poldros de Pura Raza Arabe
1.- J.A.Tezhar, de José Manuel Abal Gestoso, de Padrón
2.- Jamal Wonderful , de David Lamas Mourelos, de Padrón

Caballos de Pura Raza Árabe

1.- HDM Mariachi , de Constantino Latas, de O Corgo (Lugo)
2.- Cap Bianco, de Víctor Rodríguez Pereira
3.- L.G. Faruk Akhil, de José Manuel Coelho Sanmiguel
4.- Alm Diraham, de Ángel Longarels

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%