Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 abril, 2024
Propón tamén que Concello e consellería de Infraestruturas xestionen xunto ao Ministerio de Transportes posibles bonificacións con AUDASA para o tramo Padrón-Santiago mentres se executan as obras
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2024. Á vista das obras de humanización do Milladoiro que foron adxudicadas polo Ministerio de Transportes no mes de xaneiro, o Grupo Municipal Socialista reclamará no pleno do próximo mércores que se inicien canto antes os traballos para a planificación da mobilidade na zona. Concretamente, Gonzalo Muíños teme que o inicio de estas obras desvíe parte do tráfico pola vía de tularidade municipal de Pardiñas (Laraño) que, insiste, non estaría en condicións asumir ese volume de vehículos.
Estimase que aproximadamente 30.000 coches utilizan diariamente a estrada nacional 550. Ante estes datos, o edil socialista insta ao execu vo de Sanmartín a que, conxuntamente coa consellería de Planificación de Infraestruturas, elaboren un plan de mobilidade no que se estuden as alternativas ao tráfico que non poida circular pola avenida do Milladoiro durante a execución das obras.
“É evidente que esta vía que atravesa Pardiñas non está preparada para asumir esa carga de tráfico”, insiste Gonzalo Muíños que lembra ademais que a propia asociación veciñal A Xunlla de Laraño, vén denunciando o impacto que esta actuación vai ter para a mobilidade na zona. De feito, precisa que xa na actualidade “hai moitos vehículos, tamén pesados, que utilizan as pistas desde Pardiñas ata a ponte de Paredes, resultando realmente perigosa para os viandantes e a rapazada que camiña pola estrada cando baixan do bus escolar”.
Lembra que, ante este incremento do tráfico, e logo de comprobar a alta velocidade á que transitaban pola zona, durante o pasado mandato se instalou un radar informativo: “e agora, durante este mandato, deberiamos traballar para que se lle dera con nuidade á senda peonil do Larañiño e se dote esta vía de beirarrúa”, insiste Muíños.
Bonificacións no tramo Padrón-Santiago
Na mesma liña de evitar a conxes ón de tráfico polas vías de Pardiñas, o portavoz socialista propón tamén que o goberno municipal, xunto á consellería de Planificación de Infraestruturas e o ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible xes onen, con AUDASA, “a posibilidade da redución ou gratuidade do tramo Padrón Santiago en tanto en canto se executen estas obras”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)