AD

Actualidad

Muíños propón que as subvencións deportivas inclúan un anticipo do 80 %

today26 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

Lembra que é unha fórmula que xa funciona nas convocatorias de outras administracións e que permitiría dar “seguridade económica” aos clubs e entidades da cidade

Defenderá unha proposición no vindeiro pleno na que se detalla que, para que sexa viable esta fórmula, o goberno ten que planificar as convocatorias e a aprobación dos convenios no último trimestre do ano anterior

San ago de Compostela, 26 de maio de 2024. No orzamento “pactado e aprobado gracias ao PSOE” para o 2024 recóllense arredor de 16 subvencións nomina vas a clubs e asociacións deportivas. Unha liña de apoio económico ao deporte compostelán á que habería que sumarlle as axudas en concorrencia competitiva para o deporte federado que adoita beneficiar a máis de 50 en dades depor vas. Un apoio “necesario” defende o portavoz socialista en Raxoi que, suxire agora, “mellorar para facilitar a planificación económica dos clubs”.

Así, Gonzalo Muíños, propón que se incorpore o anticipo como norma xeral nas subvencións destinadas a clubs, federacións e asociacións deportivas. Concretamente, a proposta dos socialistas pasa por que as entidades que soliciten esas axudas reciban o 80 % da subvención unha vez se resolva a convocatoria, no primeiro trimestre de cada ano.

Explican que, para que isto sexa viable e cumpra coas bases de execución do orzamento do Concello e a normativa que regula as subvencións, a convocatoria tería que aprobarse no último trimestre do ano anterior. Nesta liña vai orientada a proposición que os socialistas levarán a pleno a vindeira semana e coa que buscan mellorar a estabilidade financeira dos clubs “xa que así terán máis posibilidades de alcanzar altos niveis de rendemento e éxito nas súas competicións ao poder desenvolver programas de adestramento efectivos a longo prazo.

Muíños lembra que esta fórmula xa funciona nas convocatorias de outras administracións como é o caso da Xunta de Galicia. Así llo trasladou ademais ao presidente do Hóckey Club Raxoi, Miguel Rodríguez, nunha xuntanza que mantiveron para abordar estes e outros asuntos relativos ao mundo do deporte en Santiago.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%