AD

Actualidad

Multitudinario desfile de Entroido en Padrón con 1250 persoas participantes

today22 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

No desfile participaron 13 comparsas, 5 grupos locais, 8 grupos con menos de vinte membros e outros 20 nas categorías de parella e individuais menores e adultos

• O Concello repartiu máis de 6.400 euros en premios

Padrón. 21-2-2026.- A veciñanza de Padrón e arredores aproveitou un soleado sábado de Piñata para saír a rúa e gozar cun multitudinario desfile de Entroido, que encheu de colorido o casco histórico da vila. Máis de 1.000 persoas disfrazáronse para participar nun concurso no que o Concello repartiu máis de 6.400 euros en premios. Nunha longa comitiva entroideira participaron 13 comparsas, 5 grupos locais, 8 grupos con menos de vinte membros e nas categorías individuais (menores ou adultos) e parella houbo 25 participantes.

O destile comezou ás cinco da tarde e durante varias horas, milleiros de persoas estiveron aplaudindo o paso das diferentes agrupacións que percorreron a Avenida de Compostela, As Lágrimas e Fondo de Vila para rematar no Campo do Souto, mentres o xurado avaliaba a cada participante para decidir os gañadores deste concurso.

Gañadores por categorias:

Infantil: Rubik, Alma Animal, Pequeno mineiro

Adultos: Muller escorpion, Vamos de pesca, Pedroche 2.0

Parella: As Criaturas da fraga, Costureiriños do entroido, Fantasía del mar

Comparasas locais: CEIP Rosalia de Castro nos Xogos Olimpicos, Los piratas con mas plumas del Caribe, Carcacia onde os soños se fan realidade

Comparsas menos 20 membros: Remendos do faiado, Os ratos de laboratorio, Plántate… que te comemos

Comparsas mais 20 membros: Estrelas da Noite, a última chamada; Mar tropical; Comparasa Ciklón: Fantasia a la hora del cafe

A festa rematou coa actuación de Trópico de Grelos (que tamén abriu o desfile) en Fondo de Vila e a entrega de premios.

 

 

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *